Diferenzas entre revisións de «Manuel María Puga Parga»

*grado > grao. / Ligazóns internas.
(*grado > grao. / Ligazóns internas.)
'''Manuel María Puga y Parga''', coñecido como '''Picadillo''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1874]] e falecido na [[A Coruña|Coruña]] o [[30 de setembro]] de [[1918]], foi un [[escritor]], [[Gastronomía de Galicia|gastrónomo]] e [[Política|político]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Luciano Puga Blanco]], naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o [[23 de abril]] de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Picadillo]].]]
Estudou dereito en [[Santiago de Compostela]] onde presentou a súa tese de gradograo "Fueros Nobiliaros" en [[1895]] e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para ó que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a [[Galiza]] onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en [[Arteixo]]. Comezou a escribir no xornal ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en [[1913]] escribiu un artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
 
{{cita|Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.<ref>Xosé Cermeño: Introdución a ''A cociña popular...''. páx. 15.</ref>}}
23.414

edicións