Iosif Stalin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎Posguerra (1945-1953): Avión (medio de transporte)
Liña 43:
=== Cambios na sociedade soviética (1927-1939): Industrialización ===
[[Ficheiro:Stalin.gif|miniatura|300px|esquerda|Stalin nunha entrevista.]]
A [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]], a [[Guerra Civil Rusa|Guerraguerra civil rusa]], a intervención por parte das 14 potencias estranxeiras despois da toma do poder polos bolxevique e a mesma revolución, tiveron un efecto devastador na economía do país. A produción industrial de [[1922]] foi un 13 % menor cá de [[1914]]. Baixo a [[Nova Política Económica]] (NEP), impulsada por Lenin perante a situación urxente, que permitía certo grao de flexibilidade no mercado dentro do contexto do socialismo, produciuse unha recuperación. Esgotada a NEP, esta política foi substituída por un sistema centralizado e suxeito aos [[Plan Quinquenal (URSS)|plans quinquenais]] a partir de [[1928]]. Estes plans perseguían ambiciosos programas de [[industrialización]] e de [[colectivización]] e [[estatalización]] da agricultura.
 
O obxectivo da industrialización era tanto reacondicionar as vellas fábricas e empresas industriais, de tecnoloxía atrasada e en estado de práctico abandono, coma construír unha poderosa [[industria pesada]]. A industrialización era considerada fundamental na construción do socialismo, xa que garantiría a alianza de obreiros e campesiños coma base da [[ditadura do proletariado]] e a defensa da URSS, e elevaría notablemente o nivel de vida da poboación.