Andrei Platonov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Fillo dun traballador metalúrxico empregado dos ferrocarrís rusos, foi o máis vello de 10 irmáns. Estudou na escola parroquial e a partir dos trece anos empezou a traballar en diversos oficios para manter á familia. Serviu no [[Exército Vermello]] durante a [[Guerraguerra Civilcivil Rusarusa]] como correspondente de guerra.En [[1919]] empezou a colaborar como poeta, publicista e crítico literario en varios xornais. Nos anos 1920 trocou o seu apelido orixinal Klimentov polo de Platonov, pseudónimo baseado no nome do pai do escritor. En 1924 acabou a escola politécnica e comezou a traballar como enxeñeiro electro-técnico en diversos proxectos na [[Rusia]] central, onde foi testemuña dos excesos e os levantamentos campesiños causados pola colectivización forzada.En 1927 marchou a [[Moscova]] coa idea de se dedicar exclusivamente á literatura. Foi membro, aínda que periférico, do grupo [[Pereval]] de escritores campesiños.
 
Escribiu as súas obras máis importantes, as novelas ''Chevengur'' e ''O foxo'' entre 1926 e 1930, coincidindo cos últimos anos da [[Nova Política Económica]] e o inicio do primeiro [[Plan Quinquenal]] en 1928. Estas obras, que supoñían unha crítica implícita ó sistema desencadearon as críticas dos órganos oficiais, e ,aínda que un capítulo de ''Chevengur'' apareceu nunha revista, as obras nunca se publicaron. En 1931 despois da publicación ''Vorkk'' sobre a crónica da vida dos campesiños pobres, que recibiu as críticas de [[Fadeyev]] e [[Stalin]], a publicación dos seus traballos foi prohibida, coa exclusión do relato ''O río Potudan'' publicada en 1937.