Encefalite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''encefalite'''<ref>{{DRAG|encefalite}}</ref> son un conxunto de [[Doenza|doenzas]] producidas por unha [[inflamación]] do [[Encéfalo|encéfalo.]] Son bastante adoitas, sobre todo en determinadas rexións do mundo, e prodúcense xeralmente pola [[infección]] de gran variedade de xermes como [[bacterias]], [[Rickettsiales|ricketsias]], espiroquetas, [[Leptospira|leptospiras]], parasitos, [[Fungo (bioloxía)|fungos]] e [[Virus|virus.]] Porén, coa excepción dos virus, a encefalite acostuma ser un [[síntoma]] máis, case nunca o máis rechamante, dentro do cadro clínico da enfermidade. Polo xeral, cando se refire a unha encefalite, faise como sinónimo de encefalite vírica.
 
Entre as encefalite víricas, coñécense máis de cincuenta virus causantes de encefalite na especie humana. Os máis importantes son os que producen encefalite sen trastornos sistémicos. Case sempre a encefalite está asociada a unha meninxite, de xeito que as dúas [[Síndrome|síndromes]], encefalite e [[meninxite]], forman un espectro continuo (meningoencefalite) provocado polos mesmos virus, aínda que algúns virus poden ter preferencia por algunha destas localizacións.
Liña 21:
 
A evolución da encefalite transcorre ó cabo de poucos días a algunhas semanas, cunha mortalidade variable dependente do axente vírico causal, dende o 5% ó 20%. Na quinta parte dos pacientes aparecen diversas secuelas, como deterioración mental, cambios na personalidade e alteracións dos movementos.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}