Xaquín Lorenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
*Xungue > xongue.
Liña 47:
{{Cita|Así funme pondo en contacto co campo de Galicia. E vía que ó chegar a Ourense para retomar os estudos, os rapaces da cidade descoñecían completamente o que era o campo; isto facíame reaccionar.}}
 
En 1923 comeza a estudar, por libre, Filosofía e Letras (Sección Historia) en [[Santiago de Compostela]], pero non aproba ningunha materia nin nese ano nin no seguinte. A morte do pai obrígalle a suspende-los estudos, pero en [[1925]] matricúlase no acceso á carreira de Dereito, tamén por libre. Neste caso, nin se presenta ós exames e remata abandonando os estudos. Por fin, en [[1931]] volve a matricularse en Filosofía e Letras, en Santiago, co seu irmán Xurxo, á vez que seguen traballando para o [[Seminario de Estudos Galegos]], pero teñen que pedi-lo traslado a [[Zaragoza]] en [[1934]] polos seus enfrontamentos cos profesores, a causa da súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da ''Irmandade Galeguista'' de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do ''[[Partido Nazonalista Repubricán]]'' e, posteriormente, ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Xaquín remata a carreira en Zaragoza.
 
[[Ficheiro:Carro Ribadavia 060115 05.jpg|miniatura|Un carro galego típico.]]
Liña 76:
Sae desta situación, por fin, cando en [[1976]] comeza a creación do [[Museo do Pobo Galego]]<ref>O proxecto de creación dun ''Museo de Galicia'' xa nacera nos anos trinta como un dos obxectivos do Seminario de Estudos Galegos, pero foi truncado pola Guerra Civil e a desaparición do Seminario.</ref>, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. Xaquín Lorenzo doará ós fondos do museo, inaugurado en [[1977]], a súa biblioteca e a súa ampla colección de [[maqueta]]s que fixera el mesmo ó longo da súa vida, do carro, de trebellos agrícolas e de casas tradicionais de diferentes tipoloxías.
 
En [[1978]], co rexurdir das actividades galeguistas trala morte de [[Francisco Franco]] e a reinstauración da democracia en España, participa máis ou menos activamente no renacemento do [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] de [[Avelino Pousa Antelo]], se ben remata identificándose máis co colectivo apartidista [[Realidade Galega]] e expresa o seu apoio público ó voto afirmativo no referendo do [[Estatuto de Autonomíaautonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomíaautonomía]], xunto a outros intelectuais galegos.
 
O [[19 de xullo]] de [[1989]] morreu na súa casa de Facós ([[Lobeira]], Ourense), sendo enterrado no cemiterio de San Francisco, da capital.
Liña 96:
 
== Outros traballos etnográficos ==
[[Ficheiro:Soutelo maqueta 11.jpg|miniatura|A casa é o ''vencello que xunguexongue óo home coa xeografía dun xeito íntimo''.]]
A casa tradicional labrega, xunto a outras formas da arquitectura popular, foron sempre do interese de Xaquín Lorenzo, xa desde os seus primeiros estudos publicados sobre [[Calvos de Randín]] ([[1930]], con Cuevillas), [[Velle, Ourense|Velle]] ([[1936]], tamén con Cuevillas e mais [[Vicente Fernández Hermida]]) ou [[Borneiro, Cabana de Bergantiños|Borneiro]] (1936). Outro interesante estudo neste eido foi o publicado en [[1943]] baixo o título ''A casa rural na Limia Baixa'' na revista alemá ''Volkstum und Kultur der Romanen''.