América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*grado > grao.
Liña 95:
Os reveses sufridos durante a mencionada guerra e a súa extensión a [[Europa]] (a [[Guerra dos Sete Anos]]) obrigaron aos franceses a capitular. Segundo os Tratados de París de [[1763]], [[Francia]] foi obrigada a ceder á [[Gran Bretaña]] todas as súas posesións do [[Canadá]] e tamén a parte da [[Louisiana]] ao leste do [[río Mississippi]].<ref>Seymour I. Schwartz: ''The French and Indian War. [[1754]] - [[1763]]. The Imperial Struggle for North America''. Edison, [[Nova Jersey]], [[1999]].</ref> Previamente, [[Francia]] cedera a [[España]] (aliado seu) [[Nova Orleáns]] e todo o territorio francés ao oeste do Mississippi.<ref>[http://www.absoluteastronomy.com/topics/Louisiana_(New_Spain) AbsoluteAstronomy.com] (en inglés)</ref>
 
O feito máis destacado sucedido entre [[1763]] e [[1783]] no subcontinente foi o conflito económico, político e militar entre o [[Reino de Gran Bretaña]] e as súas [[Trece Colonias|trece colonias]] situadas no litoral atlántico ao sur do [[Canadá]]. Coñecida como a [[Revolución Americana|Guerra de Independencia dos Estados Unidos]], este conflito que durou entre [[1775]] e [[1782]] provocou o nacemento dos [[Estados Unidos de América]].<ref>[http://www.historyofwar.org/articles/wars_american_independence.html American War of Independence ([[1775]] - [[1782]])] (en inglés)</ref> O éxito [[independencia|independentista]] destas colonias tivo moi pronto repercusións nas colonias españolas de América. Así, inspiradas pola vitoria estadounidense e tamén polo resultado da [[Revolución Francesa]] ([[1789]]-[[1799]]), aproveitaron que [[España]] viuse involucrada nas [[Guerras napoleónicas]] ([[1799]]-[[1815]]) para comezar a súa loita pola independencia en [[1810]]. [[México]] rebelouse contra [[España]] ese mesmo ano, pero a consecución da súa [[independencia]] non tivo lugar ata o [[1821]], cando o representante da Coroa española , o [[vicerrei]] [[Juan O'Donojú]], recoñeceu a independencia de [[México]].<ref>[http://www.mexicodesconocido.com.mx/notas/2472-La-Independencia-de-M%E9xico-(1810-1821) La Independencia de México ([[1810]] - [[1821]])] (en castelán)</ref> A finais do [[século XIX]] e principios do [[século XX|XX]], o [[Canadá]] tamén obtivo un gradograo total de autonomía da Gran Bretaña.<ref>[http://www.freeonlineresearchpapers.com/canadian-autonomy Canadian Autonomy - Government Essay] (en inglés)</ref>
=== Expansión dos Estados Unidos ===
Outros eventos marcaron a historia de América do Norte durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], e ocasionaron que a importancia dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] se incrementase como resultado do crecemento sen precedentes da súa poboación e da explotación da riqueza das súas terras, do aumento do seu territorio, así como a resolución de moitos problemas económicos e políticos internos (como a [[escravitude]]<ref>[http://www.pbs.org/wnet/aaworld/timeline/early_01.html African American World] (en inglés)</ref> e a unidade do novo país) e a súa aparición a finais do [[século XIX]] como [[potencia mundial]].<ref>[http://www.digitalhistory.uh.edu/disp_textbook.cfm?smtID=2&psid=3158 The United States Becomes a World Power] Digital History (en inglés)</ref>
Liña 135:
* [[Saint-Pierre-et-Miquelon]] ([[colectividade de ultramar]] [[Francia|francesa]].).
* [[Bermudas]] (territorio autónomo de ultramar pertencente ao [[Reino Unido]]).
* (De [[1861]] ata [[1865]] existirón tamén os [[Estados Confederados de América]], reintegrados nos Estados Unidos).
{| class="wikitable"
|- bgcolor="#ECECEC"