Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
Arranxiños​
m (Arranxiño)
m (Arranxiños​)
O [[12 de novembro]], o novo poder fixo fracasar a [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|tentativa de reconquista de Petrogrado]] levada a cabo por Kerenskii e os [[cosaco]]s do xeneral [[Piotr Krasnov|Krasnov]]. Pola súa banda, o Gran Cuartel xeral (a ''stavka'') do Exército ruso anunciou o [[31 de outubro]] a súa vontade de marchar sobre Petrogrado «co obxectivo de restablecer a orde». Reunido de novo polos dirixentes do [[Partido Social-Revolucionario]], [[Viktor Chernov|Chernov]] e [[Abraham Gotz|Gots]], pero abandonado polas súas tropas, o Estado Maior debeu fuxir o [[18 de novembro]].
 
Nas semanas seguintes, miles de ''junkers'' (cadetes) e funcionarios como Kornílov, fuxido, reuníronse na [[República do Don]]. Formouse o [[Exército de Voluntarios]], dirixido polo xeneral tsarista [[Mikhaíl Alekseev]]. Reprimiu con sangue os levantamentos obreiros de [[Rostov do Don]] e [[Taganrog]], o [[26 de novembro]] e o [[2 de xaneiro]], pero foi desmembrado pola guerrilla da Garda Vermella chegada amodo de reforzos desde as dúas capitais. Ao coñecer a derrota dos brancos, Lenin creu que podía exclamar, a [[1 de abril]] de [[1918]], que a [[Guerra Civilcivil Rusarusa|guerra civil]] terminara.
 
Outros combates leváronse a cabo en [[Kubán]], onde o poder dos soviets trasladouse a [[Krasnodar]]. En canto á sublevación dos [[Cosacos do Ural|cosacos]] do [[Río Ural|Ural]], saldouse cun fracaso. Na fronte romanesa, o exército dividiuse en destacamentos brancos, que se uniron ao exército dos brancos de [[Antón Denikin|Denikin]], e en rexementos vermellos.
 
=== A disolución da Asemblea Constituínte ===
Reclamada por todos os programas dos partidos revolucionarios desde o [[século XIX]], a [[Asemblea Constituínte Rusa]] foi [[Elección da Asemblea Constituínte Rusa de 1917|elixida en novembro de 1917]]. Aínda que obtiveron un 25% dos votos e un gran éxito nas grandes urbes, os bolxeviques resultaron unha forza minoritaria, con 175 dos 707 deputados da asemblea. Os campesiños preferiron votar aos socialistas-revolucionarios. Segundo palabras de [[Jacques Baynac]],<ref>''La Terreur sous Lénine'', Le Livre de Poche, 1998.</ref> os resultados das eleccións indicaron que o país non quería de forma maioritaria un Goberno afín á [[Revolución de Febreiro]] nin un da [[Revolución de Outubro]]. Porén, non houbo revolución algunha en xaneiro ou xullo de 1918. A represión e a [[Guerra Civilcivil rusa|guerra civil]] contribuíron a iso.
 
[[Viktor Chernov]], socialrevolucionario, resultou elixido presidente da asemblea, cun total de 246 votos fronte aos 151 de [[Mariya Spiridónova]], [[Socialrevolucionarios de esquerda|socialrevolucionaria de esquerda]] apoiada polos bolxeviques. A disolución da Asemblea Constituínte pola Garda Vermella produciuse inmediatamente logo da súa primeira reunión, o 19 de xaneiro de 1918. Aínda que a maioría da poboación permaneceu indiferente ante este golpe de forza, vinte manifestantes que protestaron contra a disolución da asemblea resultaron mortos: [[Máximo Gorki]], que acudiu ao seu funeral, cualificounos como mártires dunha experiencia democrática de apenas unhas horas que se levaba esperando durante centos de anos.
105.148

edicións