Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m Arranxiño
Liña 220:
A [[Primeira Guerra Mundial]] afectou moito a Rusia, levándose gran parte dos seus recursos. Nas zonas rurais, non había posibilidade de comprar bens de consumo a cambio do gran, e os agricultores xa deixaran de fornecer ás cidades, ata antes da [[Revolución de Febreiro]]. Xa o Goberno provisional de Kerenskii procedera a requisar de xeito forzado as existencias de alimentos para garantir o fornecemento das cidades, onde a fame se presentou. Ao chegar ao poder os bolxeviques, intentaron abandonar estas prácticas impopulares, pero polo empeoramento da saúde e a situación económica, víronse obrigados a utilizalas de novo.
 
A produción industrial viuse socavada pola [[guerra]], as [[folga]]s e os [[peche patronal|peches patronais]]. Ata antes da chegada dos bolxeviques ao poder, xa caera en tres cuartas partes.<ref>[[Nicolas Werth]], ''L'URSS de Lénine à Staline, Que Sais-Je?'', 1998, p. 17.</ref> A situación económica, evidentemente, non mellorou trala invasión da rica [[Ucraína]] polas tropas alemás, nin tralo embargo imposto a Rusia en 1918 polas grandes potencias (Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Xapón), nin polo comezo da [[Guerra Civilcivil Rusarusa|guerra civil]].
 
Por outra banda, Lenin e Trotski, fascinados polo [[dirixismo]] económico militarizado establecido polo [[Estado Maior]] de [[Reino de Prusia|Prusia]] en Alemaña, desexando devolver aos obreiros ao traballo seguindo métodos similares, co obxectivo de poder ter as cousas de face ante unha hipotética [[contrarrevolución]].<ref>Nicolas Werth comenta: « Étant donné le retard économique de la Russie, le passage économique au communisme ne se fera pas, contrairement aux prévisions de Marx, par le "dépérissement" de l’État, mais au contraire, par le contrôle étatique sur toutes les sphères de l’économie.» Histoire de l’Union soviétique de Lénine à Staline, PUF, coll. « Que sais-je?», 1998, p. 17. Il ajoute que les Bolcheviks n’avaient pas de programme économique précis, s’inspirant dès lors de l’exemple allemand, et que dans l’état où ils trouvent l’industrie, l’autogestion eût été catastrophique.</ref> Porén, moitos traballadores non querían renunciar ás súas conquistas e volver aos enormes esforzos esixidos polo autoritarismo e a guerra. A coerción sobre eles converteuse en inevitable.<ref>[[Boris Souvarine]], ''Staline. Aperçu historique du bolchevisme'', Plon, 1935, sobre os primeiros días do réxime.</ref>