Leucemia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*grado > grao. / Arranxo de formato.
Liña 22:
Existen distintos tipos de clasificación, en función do criterio que se utilice para iso.
 
- '''Segundo a poboación celular afectada:'''
# [[Leucemia mieloide crónica]] (LMC) incluída dentro das [[Síndrome mieloproliferativa crónica|síndromes mieloproliferativas crónicas]].
# [[Leucemia linfática crónica]] (LLC) incluída dentro das [[linfoma|síndromes linfoproliferativas]] e equiparable ao [[linfoma]] linfocítico.
Liña 30:
ademais de [[Linfoma no-Hodgkin|linfomas non Hodgkin]] leucemizados, é dicir, coa presenza de [[célula]]s linfomatosas no sangue periférico, como sucede na [[Tricoleucemia]].
 
- '''Segundo a gravidade da patoloxía:'''
# Aguda: neste caso, dáse un aumento moi rápido das células sanguíneas inmaturas. Estas células non realizan as funcións sanguíneas necesarias, e ocupan un espazo que permitiría o desenvolvemento das células maduras. É moi importante que o tratamento sexa precoz xa que a progresión celular e a dispersión das células malignas pode conducir a que a leucemia chegue a outros órganos corporais. Esta forma de leucemia é a máis común en nenos.
# Crónica: nesta afección, prodúcense demasiados [[glóbulo branco|glóbulos brancos]] maduros pero anormais. Progresa durante meses ou anos, polo que non sempre se administra o tratamento inmediatamente, si non que ás veces estúdase a situación para ver cal é o momento máis efectivo para a terapia. Aínda que poden ocorrer en calquera grupo de idade, a leucemia crónica ocorre máis a miúdo en persoas maiores.
Liña 55:
== Diagnóstico ==
 
O diagnóstico baséase xeralmente en repetidas valoracións sanguíneas completas e un exame de [[medula ósea]] tralos síntomas observados. A [[biopsia]] dun [[ganglio linfático]] pode realizarse tamén para diagnosticar certos tipos de leucemia nalgunhas situacións. Unha vez diagnosticada a enfermidade, unha analítica sanguínea pode utilizarse para determinar o gradograo de dano ao [[fígado]] e aos [[ril]]es ou os efectos da [[quimioterapia]] no paciente. Para observar os posibles danos visibles debidos á leucemia, pódense utilizar radiografías (en ósos), resonancia magnética (cerebro) ou ultrasóns (ril, [[bazo]] e fígado). As tomografías computarizadas de cando en cando utilízanse para revisar os nódulos linfáticos no peito.
 
Aínda que algunhas leucemias teñen carácter fulminante, outras poden ser enfermidades indolentes, de presentación insidiosa. Xa que non existe ningún [[síntoma]] que por si só e de xeito específico permita diagnosticar esta enfermidade, sempre debe descartarse a presenza de leucemia en presenza de manifestacións clínicas suxerentes, tales como un [[hemograma]] alterado. O método máis seguro para confirmar ou descartar o diagnóstico é mediante a realización dun [[mielograma]] e, só en casos seleccionados, pode ser necesario realizar unha [[biopsia]] da medula ósea.