Volgogrado: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m →Historia: arranxiño |
||
Liña 37:
Fundada en [[1589]] co nome de Tsaritsyn que foi tomado do [[río Tsaritsa]] (do [[lingua tártara|tártaro]] ''Sary Su'', ''Auga Amarela''). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos [[cosacos]] en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do [[río Volga|Volga]].
Durante a [[
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia{{cómpre referencia}}, a [[batalla de Stalingrado]]. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da [[Unión Soviética]] contra o Exército de [[Adolf Hitler]], como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.
|