Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxiños​
Liña 28:
Nado no seo dunha adiñeirada familia de [[Clase social|clase media]] en [[Simbirsk]], Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de [[esquerda política|esquerda]] logo da execución do seu irmán en [[1887]]. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas [[Tsar|antitsaristas]], adicando os seguintes anos á obtención do título en [[dereito]] e á [[Radicalidade|política radical]], adoptando as teses do [[marxismo]]. En [[1893]] mudouse á daquela capital de Rusia [[San Petersburgo]], onde continuou coa súa actividade política, converténdose nunha figura importante dentro da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. Arrestado e exiliado a [[Siberia]] durante tres anos, consegue fuxir posteriormente cara a [[Europa occidental]], vivindo en [[Alemaña]], [[Inglaterra]] e [[Suíza]]. Despois da [[Revolución de Febreiro|Revolución de Febreiro de 1917]] na que foi derrocado o [[Tsar]], e na que un goberno provisional asume o poder, decide regresar ao seu lar.
 
Como líder da [[bolxeviques|facción bolxevique]] do [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso]], tivo un papel principal na orquestración da [[Revolución de Outubro|Revolución de Outubro en 1917]], que o levou ao derrocamento do goberno provisional ruso e o establecemento da [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia]], o primeiro [[Estado]] [[Constitución|constitucionalmente]] [[Socialismo|socialista]] do mundo. Inmediatamente despois, Lenin procede a aplicar as reformas socialistas, incluíndo a transferencia de propiedades e terras da coroa aos [[soviet|soviets de traballadores]]. Fronte á ameaza da invasión alemá, argumentou que Rusia debía [[Tratado de Brest-Litovsk|asinar de inmediato un tratado de paz]], o cal conduciu á saída dos rusos da [[Primeira Guerra Mundial]]. En [[1921]] Lenin propuxo a [[Nova Política Económica]], un sistema de capitalismo de Estado co que comezou o proceso de industrialización e recuperación da [[Guerra Civil Rusa|guerra civil rusa]]. En [[1922]], a R. S. S. F. de Rusia uniuse aos antigos territorios do [[Imperio Ruso]] formando a [[Unión Soviética]]. A facción bolxevique converteuse máis tarde no [[Partido Comunista da Unión Soviética]].
 
Como político, Lenin era un orador carismático e convincente. Como [[intelectual]] os seus amplos desenvolvementos teóricos e [[filosofía|filosóficos]] do marxismo produciron o [[marxismo-leninismo]], unha aplicación pragmática rusa do marxismo que fai fincapé no papel fundamental desempeñado por unha vangarda política comprometida e disciplinada no proceso revolucionario, defendendo a posibilidade dunha revolución socialista nos países [[capitalismo|capitalistas]] menos desenvolvidos a través dunha alianza do proletariado co campesiñado rural. Lenin segue a ser hoxe en día unha figura controvertida en todo o mundo. Os seus críticos táchano de ditador, tese contrarrestada polos seus partidarios aducindo as limitacións do seu poder e considerándoo un heroe da [[clase obreira]]. Tivo ademais unha grande influencia no movemento marxista-leninista, que dende a súa morte evolucionou nunha gran variedade de escolas de pensamento como o [[Stalin|estalinismo]], o [[maoísmo]] ou o [[trotskismo]].
Liña 195:
Anteriormente,<ref>{{cita Harvard|Volkogonov|2008|sp=si|p=238}}</ref> en outubro, [[Lev Kámenev]] e cohorte, advertiran o partido que o mando terrorista era inevitable, dada asunción de Lenin de mando único. A finais de 1918, cando Nikolai Bukharin e el trataron de poñer freo aos excesos chequistas, Lenin revogoulles. En [[1921]], a través do [[Politburo]], ampliou os poderes discrecionais de pena de morte da Cheka.
 
A contrarrevolución do [[movemento branco]],<ref>{{cita libro|autor=Lincoln, W. Bruce|título=Red Victory: A History of the Russian Civil War|editor=Da Capo Press|ano=1999|páxina=383-385|isbn=0-306-80909-5|lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita libro|autor=Leggett, George|título=The Cheka: Lenin's Political Police|editor=Oxford University Press|ano=1987|páxina=197–198|isbn=0-19-822862-7|lingua=inglés}}</ref> con axuda estranxeira, fracasou pola falta de apoio do pobo ruso, xa que o [[Proletariado|estado proletario]] [[bolxevique]], protexido co "terror masivo contra os inimigos da revolución", estaba organizado socialmente contra o goberno capitalista anterior. Este terrorismo de [[loita de clases]] na Rusia postsarista orixinouse na ira da clase obreira (campesiños e traballadores) contra as clases privilexiadas aristócratas da deposta monarquía absoluta. Durante a [[Guerra Civil rusa|guerra civil rusa]], antibolxeviques foron torturados e executados sumariamente, e en maio de [[1919]], uns 16.000 "inimigos do pobo" foron encarcerados nos campos de traballos forzados tsaristas; para setembro de [[1921]], a poboación prisioneira superaba os 70.000.
 
Na procura da revolución e a contrarrevolución tanto os [[movemento branco|rusos brancos]] como os [[bolxevique|vermellos]] cometeron atrocidades,<ref>{{cita web|url=http://necrometrics.com/20c5m.htm#RCW|título=Source List and Detailed Death Tolls|editor=Necrometrics|lingua=inglés|dataacceso=[[25 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref> uns contra outros co seu vulgo como apoio. Con todo, algúns historiadores modernos din que eran distintos tipos de terrorismo, o Terror Vermello era político en contra das clases sociais aristócratas, mentres que o Terror Branco eran clasista, político e racista, contra os xudeus, os antimonárquicos e os comunistas.
 
=== Guerra civil ===
{{VT|Guerra Civilcivil rusa}}
En [[1917]], debido á súa ideoloxía [[imperialismo|antiimperialista]],<ref>{{cita libro|autor=Pipes, Richard|título=Russia Under the Bolshevik Regime|editor=Vintage|ano=1994|isbn=0-679-76184-5|lingua=inglés|páxina=141–166}}</ref><ref>{{cita libro|autor=Lenin, Vladimir|título=Lenin. Encol das cuestións nacional e colonial|editor=Vintage|ano=1973}}</ref> Lenin afirmou que os pobos oprimidos tiñan o dereito incondicional á secesión do [[Imperio ruso]]; porén, ao final da guerra civil, a [[Unión Soviética]] anexionou a [[Armenia]], [[Xeorxia]] e [[Acerbaixán]] debido a que os tsaristas do Movemento Branco usáronos como bases de ataque. Lenin defendeu as anexións como forma protección [[xeopolítica]] contra as depredacións do capitalismo imperial.
 
Para manter as cidades illadas pola guerra,<ref>{{cita libro|autor= Carr, Edward Hallett|título=The Bolshevik Revolution 1917–1923, Part 2|editor=WW Norton & Co|ano=1985|isbn=978-0393301977|lingua=inglés|páxina=233}}</ref><ref>{{cita web|url=http://econfaculty.gmu.edu/bcaplan/museum/his1g.htm|título=Lenin and the First Communist Revolutions|editor=George Mason University|lingua=inglés|dataacceso=[[25 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref> a alimentación dos exércitos e evitar a colapso económico, o goberno bolxevique estableceu o comunismo de guerra a través da ''prodrazvyorstka'', requisando comida aos campesiños por pouco diñeiro, o que lles levaba a ter que resistir con reducidas colleitas. Os bolxeviques culparon os ''kulak'' (antigos terratenentes do Imperio) de reter cereais para aumentar as ganancias, mais hai estatísticas que indican que xurdiron negocios como nas economías do mercado negro.
 
Os seis anos de duración [[Guerra Civilcivil rusa|guerra civil]] entre os Brancos e os Vermellos, o comunismo de guerra, a fame de [[1921]], na que morreron uns cinco millóns de persoas e a intervención militar estranxeira, levaron a gran parte de Rusia á ruína. Isto provocou unha rebelión contra os bolxeviques, sendo a máis grande a Rebelión de Tambov (1919-1921). Despois de [[marzo]] de [[1921]], tralo motín de esquerdas da rebelión de Kronstadt, Lenin substituíu o comunismo de guerra coa [[Nova Política Económica]] (NEP), sendo a industria e a agricultura reconstruídas con éxito. A NEP foi o seu recoñecemento pragmático da realidade política e económica, a pesar de ser unha retirada [[ideoloxía|ideolóxica]] do ideal socialista; mais tarde, o doutrinario [[Iosif Stalin]] revogou a NEP na consolidación do seu control sobre o do [[Partido Comunista da Unión Soviética|Partido Comunista]] e a Unión Soviética.
 
== Retiro e morte ==