Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 38:
Na [[Revolución de outubro|Revolución de Outubro]] (novembro no calendario gregoriano), o partido bolxevique, dirixido por [[Vladimir Lenin]], e dos traballadores soviéticos, derrocou ao Goberno provisional en Petrogrado. Os bolxeviques nomeáronse a si mesmos líderes de varios ministerios do goberno e tomaron o control do campo, creando a [[Cheka]], organización de intelixencia política e militar para esmagar calquera tipo de disidencia. Para poñer fin á participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial, os líderes bolxeviques asinaron o [[Tratado de Brest-Litovsk]] con Alemaña en marzo de 1918.
 
Posteriormente estalou unha [[Guerra Civilcivil Rusarusa|guerra civil en Rusia]] entre a facción «vermella» (bolxevique) e «[[movemento branco|branca]]» (antibolxeviques) –esta última contou co [[Intervención aliada na Guerra Civil Rusa|apoio das grandes potencias]]–, que ía continuar durante varios anos, na que os bolxeviques, en última instancia, saíron vitoriosos. Deste xeito, a Revolución abriu o camiño para a [[Tratado de Creación da URSS|creación]] da [[Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas]] (URSS) en 1922. Pese a que moitos acontecementos históricos notables tiveron lugar en Moscova e Petrogrado, tamén houbo un movemento visible nas cidades de todo o estado, entre as minorías nacionais de todo o imperio e nas zonas rurais, onde os campesiños apoderáronse da terra e a redistribuíron.
 
A Revolución Rusa foi un acontecemento decisivo e fundador do "curto século XX"<ref>Esta expresión foi popularizada polo historiador británico [[Eric Hobsbawn]] na súa obra ''[[The Age of Extremes]]''.</ref> aberto polo estoupido do macroconflito europeo en 1914 e pechado en 1991 coa [[disolución da Unión Soviética]]. Obxecto de simpatías e de inmensas esperanzas por uns ([[Jules Romains]] describiuna como "a gran luz no Leste" e [[François Furet]] como "o encanto universal de outubro"), tamén foi obxecto de severas críticas, de medos e de odios viscerais.<ref>O historiador [[Eric Hobsbawn]] escribiu: ''"A Revolución de Outubro foi universalmente recoñecida como un suceso que conmocionou ao mundo."'' en [[The Age of Extremes]], Complexe, 2003, pág. 99.</ref> Segue sendo un dos acontecementos máis estudados e máis apaixonadamente discutidos da [[Idade Contemporánea|historia contemporánea]].