Dionisio Tracio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Dionisio da Tracia''' (Διονύσιος ὁ Θρᾷξ), nado en [[Alexandría]] no [[-170|170 a.C.]] e finado no [[-90|90 a.C.]], foi un [[Gramática|gramático]] grego, coñecido por ser o autor da ''Téchné grammatiké'', libro de quince páxinas e vinte e cinco sesións no que presenta unha explicación da estrutura do [[Lingua grega|grego]] e cuxa única deficiencia, segundo Martins<ref>[MARTINS, Sandra Eleutério Campos. '(2006): ''Visão panorâmica da História da Linguística - da Antiguidade Grega ao Renascimento'''. In: CUNHA, Valesca Guimarães. Letras - Português/Inglês Vol. 1 - Uberaba: Universidade de Uberaba, 2006.</ref>, é a omisión da parte da [[sintaxe]]. O seu sistema de clases de palabras e modelos de [[análise morfolóxica]], porén, constituíran a base das formulacións sintácticas posteriores.
 
Dionisio trazou a seguinte orde para a gramática: tomando por base a palabra, deberíase proceder inicialmente á identificación formal desa entidade [[lingüística]]; despois, identificar as clases de palabras e por fin, as categorías que as evidencian.
 
Segundo Neves<ref>NEVES, Maria Helena de Moura. (2003): ''A gramática: história, teoria e análise e ensino''. São Paulo:UNESP; 2003.</ref>, a época helenística facilitou a produción de Dionisio, visto que durante o helenismo a práctica da linguaxe xa non enfocaba tanto ao ensino retórico empírico da época clásica, e si á exposición dos padróns da linguaxe que deben ser seguidos, o que leva ao estabelecemento dos cadros da gramática.
 
==Notas ==