Cantóns de Suíza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + Cda
Moedagalega (conversa | contribucións)
*grado > grao.
Liña 7:
Hoxe en día cada cantón ten a súa propia [[constitución]], [[lexislatura]], [[goberno]] e cortes. A maioría deles son Parlamentos Unicamerais, variando o seu tamaño dende os cincuenta e oito aos dous centos escanos, e uns poucos son Asembleas Xerais, coñecidas como ''Landsgemeinden''. Os gobernos adoitan ser de ente cinco ou sete membros.
 
A constitución da Confederación Suíza, declara aos cantóns soberanos na medida de que a súa soberanía non estea limitada pola lei federal. Os cantóns tamén conservan tódalas facultades e competencias non delegadas á Confederación pola Constitución. As responsabilidades máis significantes dos cantón son a sanidade, benestar social, educación ou a recadación dos tributos. As constitucións cantonais tamén determinan o gradograo de autonomía que delegan nos seus municipios, mais case sempre inclúen a facultade de recadar impostos e aprobar leis municipais. As superficies dos cantóns varían entre 37 e 7.105 km² e as poboacións entre 14.900 e 1 244 400.
 
Ao igual que no ámbito federal, tódolos cantóns réxense por democracia directa, é dicir os cidadáns poden solicitar unha votación popular para modificar a Constitución ou as leis cantonais ou vetar as leis ou proxectos de lei de gastos aprobadas no parlamento. As Asembleas Xerais populares (''Landsgemeinde'') limítase agora aos cantóns de [[Appenzell Interior]] e [[Cantón de Glarus|Glarus]]. En tódolos demais cantóns exércense os dereitos democráticos por votación secreta.