Barack Obama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Actualizo información.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Moedagalega (conversa | contribucións)
*grado > grao.
Liña 30:
'''Barack Hussein Obama II''', nado en [[Honolulu]] ([[Hawai]]) o [[4 de agosto]] de [[1961]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/Obama/culmina/sueno/cambio/elpepuint/20081105elpepuint_1/Tes ''El País'']</ref> foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos [[Estados Unidos de América]]. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi [[Senado dos Estados Unidos de América|senador]] polo estado de [[Illinois]] entre xaneiro de [[2005]] e novembro de [[2008]], momento no que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
 
Ten o graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de [[dereito]] de Harvard (en inglés: ''Harvard Law School''), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista ''Harvard Law Review''. Foi organizador comunitario en [[Chicago]] antes de obter o gradograo en dereitoDereito. Traballou como [[avogado]] especializado en dereitos civís antes da súa elección como senador polo estado de [[Illinois]]. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago (en inglés: ''University of Chicago Law School'') dende o ano 1992 ata o 2004.
 
Obama ocupou un escano no Senado de [[Illinois]] durante tres [[lexislatura]]s (de 1997 a 2004). Tras perder unha contenda para obter un escano no Parlamento norteamericano no ano 2000, presentou a súa candidatura ao Senado no 2004. En marzo do 2004, venceu nas eleccións primarias do [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|partido demócrata]], o que fixo del unha figura coñecida no país. Despois de pronunciar o seu [[discurso]] de apertura do congreso demócrata dese mesmo ano, a súa popularidade aumentou significativamente. Foi elixido senador dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en novembro do ano 2004 coa marxe de votos máis ampla da historia de [[Illinois]].