Diferenzas entre revisións de «Manuel Murguía»

(+ dato desde Couceiro Freijomil, DBBE)
Murguía relacionouse en [[Madrid]], onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e [[Gustavo Adolfo Bécquer]], Alejandro Chao. En [[1854]] Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de [[Elena Avendaño]], unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela ''Desde el cielo''. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como ''La Iberia'' e ''Las Novedades'', nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".
 
Tamén coñeceu en Madrid a [[Rosalía de Castro]] e tamén colaborou en xornais galegos como ''[[La Oliva (periódico)|La Oliva]]''. Escribiu unha crítica de ''La Flor'', o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o [[10 de outubro]] de [[1858]] casaron na madrileña [[igrexa de SanSanto Ildefonso de Madrid|igrexa de Santo Ildefonso]]. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como ''[[Cantares Gallegos]]'', considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.
 
Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do [[Rexurdimento]] foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.
176.784

edicións