Laureano López Rodó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Enmenda > emenda.
Liña 23:
En xuño de [[1973]], ao ser nomeado Carrero Blanco [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Goberno]], converteuse en [[Ministerio de Asuntos Exteriores de España|Ministro de Asuntos Exteriores]], cargo no que só estivo uns meses, debido ao asasinato de Carrero en decembro dese ano. Entre 1974 e 1975 foi embaixador en [[Viena]]. Nas últimas [[Cortes franquistas]] formou un grupo parlamentario, o [[Grupo Parlamentario Regionalista]].
 
Despois da morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] participou no proceso de reforma política. Fundou o partido [[Acción Regional]], que apostaba polo rexionalismo fronte ao uniformismo do Estado propio do ideario franquista<ref>[[Jaime Cosgaya García|Cosgaya García, J.]]: [http://biblioteca2.uclm.es/biblioteca/ceclm/websCECLM/transici%C3%B3n/PDF/04-05.%20Texto.pdf ''La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia''], Instituto de Historia, CSIC {{es}}.</ref>. Máis adiante, sacrificou dito partido para integrarse en [[Alianza Popular]] (coalición [[Conservadorismo|conservadora]] encabezada por [[Manuel Fraga]]), con miras a aglutinar o voto dun amplo sector da sociedade española. Porén, AP non logrou os resultados esperados nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]] de xuño de [[1977]], ás que López Rodó se presentara como cabeza de lista pola [[provincia de Barcelona]], resultando elixido deputado ao [[Congreso dos Deputados|Congreso]], participando activamente con enmendasemendas na elaboración da [[Constitución española de 1978]], como membro da Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas.
 
Posteriormente foi elixido deputado por [[Barcelona]] no [[Parlamento de Cataluña]], integrando o grupo de vinte escollidos para redactar o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979]]. En [[1979]] abandonou a política por desacordos con AP, reincorporándose á súa cátedra da [[Universidade Complutense de Madrid]] e ao exercicio da avogacía.