Sarandós, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo poboación o ano 2016
m →‎Peito de Bordel: Andrade (apelido)
Liña 35:
 
===Peito de Bordel===
A Torre de Peito Bordel atópase no lugar de [[Bordel, Sarandós, Abegondo|Bordel]]. O edificio actual está habilitado como vivenda particular e parcialmente restaurado e data do [[século XVII]]. A construción máis antiga que o forma é unha torre arruinada do [[século XII]]. O edificio é de dúas alturas cun corpo de tres alturas e cunha fachada revestida de hedras. O corpo máis alto do edificio dá á rúa e é unha planta en "U" con renxías de distintas dimensións. Os muros son de cantería e cachotaría de granito recebados e con vans encintados en cantería, que locen un escudo cadrado na fachada principal, en referencia a liñaxe dos Figueroa e [[Andrade (apelido)|Andrade]] <ref name="eiravellac" /><ref name="turgalicia">[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9301&ctre=36&volverFicha=true Turgalicia]</ref>·
 
Segundo a [[Tributo das cen doncelas|lenda das cen doncelas]] aquí eran recluídas as mozas cristiás destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara o seu destino. Por iso o coñecido como o ''Tributo das cen doncelas'' tamén se lle chamou ''Peito Bordel''. No ano [[765]], cinco fidalgos da liñaxe ''Figueroa'' e seguramente residentes ou ligados ao marquesado da lindeira parroquia de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]], fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de [[figueira]], puxeron en fuxida aos mouros de Abderramán. Sobre un arco de medio punto que dá acceso á edificación, hai un escudo cadrado coas armas dos Figueroa e os Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html] "O noso patrimonio. Castelos de Galicia"</ref><ref>[http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/920-2009-06-28-00-11-01] Figueroa de Peito de Bordel, Xenealoxía.org</ref><ref>[http://rochacarro.blogspot.com.es/2013/06/o-tributo-das-cen-doncelas-lenda-de.html] O Tributo das cen doncelas</ref>.