Termodinámica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Amplío traducindo de es.wiki
Liña 29:
 
Os sistemas están separados por paredes, que poden ser ríxidas ou non ríxidas, segundo sexan móbiles ou non, poden ser permeables ou impermeables ó paso de materia e de conducir a calor será adiabática, en caso contrario será non adiabática.
== Historia da termodinámica ==
A historia da termodinámica como disciplina científica considérase xeralmente que comeza con [[Otto von Guericke]] quen, en 1650, construíu e deseñou a primeira bomba de baleiro e demostrou as propiedades do baleiro empregando os [[hemisferios de Magdeburgo]]. Guericke foi impulsado a facer o baleiro coa fin de refutar a suposición de Aristóteles de que "a natureza aborrece o baleiro". Pouco despois o físico e químico [[Robert Boyle]] estudou e mellorou os deseños de Guericke e en 1656, en coordinación co científico [[Robert Hooke]], construíu unha bomba de aire. Con esta bomba, Boyle e Hooke observaron unha correlación entre presión, temperatura e volume. Co tempo, formularon a [[lei de Boyle]], indicando que para un gas a temperatura constante, a presión e o volume son inversamente proporcionais e outras [[leis dos gases]].
 
En 1679, un asociado de Boyle, [[Denis Papin]] baseándose nestes conceptos, construíu un [[marmita de Papin|dixestor de vapor]], que era un recipiente pechado cunha tampa con peche hermético no que o vapor confinado alcanzaba unha alta presión, aumentando o [[punto de ebulición]] e acurtando o tempo de cocción dos alimentos. En 1967 o enxeñeiro [[Thomas Savery]], a partir dos deseños de Papin, construíu o primeiro [[motor térmico]], seguido por [[Thomas Newcomen]] en 1712. Aínda que estes primeiros motores eran básicos e pouco eficientes atraeron a atención dos científicos máis destacados da época.
 
En [[1733]], [[Daniel Bernoulli|Bernoulli]] empregou métodos estatísticos, xunto coa [[mecánica]] clásica, para extraer resultados sobre a [[hidrodinámica]], iniciando a [[mecánica estatística]].
 
En 1781 desenvolvéronse os conceptos de [[capacidade calorífica]] e [[calor latente]] por [[Joseph Black]], profesor da Universidade de Glasgow, onde [[James Watt]] traballou como fabricante de instrumentos. Watt consultou con Black nas probas da [[máquina de vapor]], mais foi Watt quen concibiu a idea do condensador externo, aumentando grandemente a eficiencia da máquina de vapor. Dous anos despois [[Antoine Lavoisier]] propuxo a [[teoría do calórico]].
 
En [[1798]] [[Benjamin Thompson]], conde de Rumford, demostrou a conversión do traballo mecánico en [[calor]].
[[Ficheiro:Carnot2.jpg|miniatura|200px|[[Nicolas Léonard Sadi Carnot]], considerado como o "pai da termodinámica"]]
 
Sobre a base de todo este traballo previo, [[Sadi Carnot]], o "pai da termodinámica ", publicou en 1824 un discurso sobre a eficiencia térmica, a enerxía, a enerxía motriz e o motor. O documento describe as relacións básicas enerxéticas entre a [[máquina de Carnot]], o [[ciclo de Carnot]] e a enerxía motriz, marcando o inicio da termodinámica como ciencia moderna.
 
O primeiro libro de texto sobre termodinámica foi escrito en 1859 por [[William Rankine]], quen se formara como físico e profesor de enxeñaría civil e mecánica na Universidade de Glasgow. A primeira e segunda leis da termodinámica xurdiron simultaneamente na década de 1850, principalmente polas obras de [[Germain Henri Hess]], William Rankine, [[Rudolf Clausius]], [[James Prescott Joule]] e [[William Thomson]] (Lord Kelvin).
 
Os fundamentos da termodinámica estatística establecéronas físicos como [[James Clerk Maxwell]], [[Ludwig Boltzmann]], [[Max Planck]], [[Rudolf Clausius]], [[Johannes van der Waals]] e [[Josiah Willard Gibbs]].
 
Dende 1873 ata 1876, o físico matemático estadounidense [[Josiah Willard Gibbs]] publicou unha serie de tres artigos nos que demostraba como os procesos termodinámicos, incluíndo reaccións químicas, poderían [[xeometría analítica|analizarse graficamente]]. Mediante o estudo da enerxía, a entropía, o potencial químico, a temperatura e a presión do sistema termodinámico, pódese determinar se un proceso se produce espontaneamente. A termodinámica química e a [[fisicoquímica]] foron desenvolvidas ademais por [[Walther Nernst]], [[Pierre Duhem]], [[Gilbert N. Lewis]], [[Jacobus Henricus van 't Hoff]] e [[Théophile de Donder]], aplicando os métodos matemáticos de Gibbs.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Wikibooks|Termodinámica}}
=== Bibliografía ===
* {{cita libro|isbn=842060173X|título=Escritos de mecánica y termodinámica|año=1986|apelidos=Boltzmann|nome=Ludwig|editorial=Alianza Editorial|lingua=es}}
* {{cita libro|isbn=978-84-609-7580-9|título=La Termodinámica de Galileo a Gibbs|url=http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/3/Usrn/fundoro/web_fcohc/005_publicaciones/mhc/mhc_htm/mhc9_termodinamica.htm|data=2005|apelidos=Pérez Cruz|nome=Justo R.|editorial=Fundación Canaria Orotava de Historia de la Ciencia|lingua=es}}
* {{cita libro|isbn=048666371X|título=Treatise on Thermodynamics|año=1990|apelidos=Planck|nome=Max|ligazón-autor=Max Planck|editorial=Dover Publications|lingua=en}}
* {{cita libro|apelidos= Zemansky |nome= Mark W. |título = Calor y termodinámica |data= 1985 |editorial= Madrid: McGraw-Hill |isbn = 84-85240-85-5 }}
* {{cita libro|apelidos= Callen |nome= Herbert B. |título = Thermodynamics and an Introduction to Thermostatistics |data= 1985 |editorial= John Wiley & Sons }}
* {{cita libro|apelidos= Reif |nome= Federick |título = Fundamentals of Statistical and Thermal Physics |data= 1985 |editorial= McGraw-Hill }}
* {{cita libro|apelidos1=Masanes|nome1=Lluís|apelidos2= Oppenheim|nome2=Jonathan|data=2017|url=http://www.nature.com/articles/ncomms14538|título= A general derivation and quantification of the third law of thermodynamics|editorial=Nature|lingua=en}}
{{Campos da Física}}
{{Control de autoridades}}