Cultura de Hallstatt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
achegar
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 30:
Como os seus poboados se situaban en lugares planos ou en alturas reducidas próximos aos ríos, ou ben en alturas abertas e accesíbeis (estes últimos eran asentamentos onde a base económica é a gandería, estando xeralmente en zonas montañosas), dedúcese a inexistencia de necesidades defensivas. O seu predominio militar facíaos superiores aos pobos locais. Ademais estes adoptaron os seus mesmos costumes e a súa relixión, de forma que se no período dos protoceltas mesmo pode intuírse algunha precaución defensiva, no período de Hallstatt os indoeuropeos xa non temen ningún ataque local. Curiosamente tampouco se atacan entre si, o que podería indicar a existencia de principados territoriais cunha área de influencia moi definida.
==As necrópoles==
Estudáronse detidamente as necrópoles do período de Hallstatt, case todas localizadas casualmente posto que ningunha indicación permite fixar a súa localización. As tumbas son pouco espectaculares. O defunto era queimado e as súas cinzas e os ósos, conservados logo da incineración, introducíanse nunha urna de barro, remedando unha ola, ás veces xunto a obxectos persoais. Unha tapa pechaba a urna e esta enterrábase con ofrendas ao redor seu colocadas en urnas máis pequenas que contiñan comida, auga e obxectos, dos cales só se conservan os de metal. O [[enterro]] facíase nun foxo non moi profundo (menos dun metro) onde se colocaban as urnas, e o foxo era cuberto por unha pedra aplanada, sobre a que se botaba terra ata cubrila. As tumbas localízanse próximas unha á outra e o conxunto forma unha necrópole coñecida por [[campos de urnas]] (primitivamente foi denominada polos prehistoriadores alemáns ''Urnenfeldern''). Cando se producía a morte de dúas persoas familiares, estas eran enterradas no mesmo foxo, en urnas separadas, aínda que tamén é posíbel que as tumbas nas que se observan estes dobres ou múltiples enterros tivesen un carácter familiar, onde unha familia ía enterrando os seus mortos durante un certo tempo. Preto das necrópoles situábase o "ustrinium", un espazo plano de pedra onde se queimaban os cadáveres.
==Relixión==
Estando asociadas as prácticas funerarias ás crenzas relixiosas, non hai que dubidar que a nova relixión, descoñecida hoxe en día, impúxose progresivamente ás poboacións locais que, despois do 600 a.C., xa se celtizaran no aspecto relixioso, e practicaban tamén a incineración, sen que se coñezan outros elementos das prácticas relixiosas adoptadas, nin que aspectos da antiga relixión puideron sobrevivir en épocas posteriores.