LosNos [[moluscos]], denomínase '''masa visceral''' ou '''saco visceral''' ao conxunto que agrupa a maioría das vísceras, é dicir, os [[órgano]]s internos. A masa visceral está cuberta por unha delgada túnica chamada [[manto (moluscos)|manto]], que é o encargado de segregar a [[cuncha]] da maioría dos moluscos, que pode ser externa ou interna, segundo os casos (ou mesmo estar ausente), e que serve de protección e/ou esqueleto e/ou de reguladora da flotación (como, por exemplo, nas [[sepia]]s).