Imperio Alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antecedentes: arranxiños
Liña 79:
A historia alemá do [[século XIX]], ata a formación do Estado-nación, caracterizouse por múltiples cambios políticos e territoriais que se produciron tralo colapso do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] en [[1806]]. O antigo Imperio caracterízase cada vez máis polos intereses conflitivos dos seus dúas grandes potencias: [[Imperio austríaco|Austria]] e a potencia ascendente [[Reino de Prusia|Prusia]]. Durante as [[guerras napoleónicas]], o Sacro Imperio é disolto e substituído pola [[Confederación do Rin]], tutelada por Francia.
 
Logo da derrota da [[Primeiro Imperio francés|Francia napoleónica]] ante os reinos de Europa (que eran en especial os do [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|Reino Unido]], [[Prusia]], [[Imperio ruso|Rusia]] e [[Austria]]), os príncipes alemáns, con todo, non se interesaron nun poder central que erosionase a súa autonomía. No [[Congreso de Viena]] de [[1815]] foi creada a [[Confederación Xermánica]], unha confederación das zonas que pertenceran antes de [[1806]] ao [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]; a partir dela tomará corpo a nación alemá. Logo do Congreso de Viena, que máis adiante se describe na historia como o [[Vormärz]], Alema´ñaAlemaña estivo marcada por unha política de restauración, dominada polo chanceler austríaco, o príncipe [[Klemens Wenzel von Metternich]]. Como parte da chamada [[Santa Alianza]] entre Austria, Prusia e Rusia, a restauración tiña por obxectivo restablecer as relacións de poder entre os Estados nacionais do [[Antigo Réxime]], é dicir, as existentes antes da [[Revolución Francesa]] en [[1789]].
[[Ficheiro:Maerz1848 berlin.jpg|thumbminiatura|leftesquerda|A [[Revolución alemá de 1848-1849]] en [[Berlín]], [[1848]].]]
Esta política de opoñerse á nación e aos movementos democrático-burgueses levou a numerosas protestas en moitas partes da [[Europa Central]], que finalmente derivaron na [[Revolución alemá de 1848-1849|Revolución de Marzo]] de [[1848]] nos estados alemáns. Os membros da revolución pola recentemente formada Alemaña crearon o primeiro parlamento democrático, a [[Parlamento de Frankfurt|Asemblea Nacional de Frankfurt]]. Ao rei prusiano [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] entregóuselle a coroa imperial alemá. Este, con todo, apelando ao seu "dereito divino", negouse ao intento errado, e a maioría dos estados alemáns decidiron unirse nunha base constitucional.