Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 60:
 
=== Establecemento en Viena ===
A Beethoven probablemente presentáronlle a [[Joseph Haydn]] a finais de [[1790]], cando este último viaxou a [[Londres]] e parou en [[Bonn]] no tempo de [[Nadal]]<ref name="Cooper p. 35">{{cita libro|apelidos=Cooper|nome=Barry|título=Beethoven|ano=2008|isbn=978-0-19-531331-4|editorial=Oxford University Press}}</ref> . Atopouse con Haydn na súa viaxe de regreso a [[Viena]] en xullo de [[1792]], e é probable que acordasen nese tempo que Beethoven fose estudar co vello mestre. Coa axuda do Elector, Beethoven trasladouse a Viena ese mesmo ano. Dende 1790 ata 1792, Beethoven compuxera un número significativo de traballos (ningún deles fora publicado nese tempo, e a meirande parte deles son agora listados como traballos sen [[opus (música)|opus]]) que demostraban o aumento da súa gama e a súa madurez. Os musicólogos identificaron un tema semellante un tema semellante ao da súa terceira sinfonía nunha serie de variacións compostas en [[1791]]. Beethoven deixou Bonn para ir a Viena en novembro de 1792, no medio dos rumores do estoupido da guerra con [[Francia]], e enterousetivo coñecemento pouco despois da súa chegada da morte do seu pai. Durante os seguintes anos, Beethoven respondeu ao sentimento xeralizado de que era o sucesor do recentemente falecido [[Mozart]] estudando as obras do mestre e compoñendo traballos cun distintivo sabor mozartiano.
[[Ficheiro:Beethoven Riedel 1801.jpg|miniatura|200px|Retrato de mozo]]
Beethoven non pretendeu inmediatamente establecerse como compositor, máis ben o seu obxectivo era adicarse ao estudio e á interpretación. Traballando baixo a dirección de Haydn tratou de dominar o [[contrapunto]]. Tamén estudou [[violín]] con [[Ignaz Schuppanzigh]]. Ao principio dese período tamén recibíu instrucións ocasionais de [[Antonio Salieri]], principalmente sobre o estilo italiano de composición vocal; esta relación durou ata polo menos [[1802]], e probablemente ata [[1809]]. Coa marcha de Haydn a [[Inglaterra]] en [[1794]], Beethoven agardaba que o Elector o fixese regresar a casa. Porén elixiu quedar en Viena, continuando a súa instrución en contrapunto con [[Johann Albrechtsberger]] e outros mestres. Aínda que a bulsa de estudos do Elector expirara, varios nobres vieneses recoñeceron a súa habilidade e ofrecéronlle apoio financeiro; entre eles estaban o principe [[Joseph Franz Lobkowitz]], o príncipe [[Karl Lichnowsky]] e o barón [[Gottfried van Swieten]].