Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m idade
Liña 49:
En marzo de [[1787]] Beethoven viaxou a [[Viena]] (posiblemente con todos os gastos pagos) por vez primeira, aparentemente coa esperanza de estudar con [[Mozart]]. Os detalles da súa relación son incertos, incluído se realmente se coñeceron ou non. De calquera modo, a lenda di que Mozart diría: «Recorden o seu nome, este mozo fará falar ao mundo».<ref name="biografía" />
 
Despois de dúas semanas Beethoven enterousetivo coñecemento por unha carta de seu pai de que a súa nai estaba gravemente enferma e regresou a casa. Súa nai morreu de [[tuberculose]] pouco tempo despois ([[17 de xullo]] de [[1787]]), e o pai caeu profundamente no alcolismo, chegando a ser detido e encarcerado por este feito. Debido a ese feito, Beethoven pasou a ser o responsable do coidado dos seus irmáns menores, e pasou os seguintes cinco anos en Bonn mentres o seu pai estivo preso.
[[Ficheiro:Beethoven1788.JPG|miniatura|200px|Beethoven en 1788]]
A Beethoven presentáronlle a distintas persoas que serían moi importantes na súa vida deses anos. A Franz Wegeler, un mozo estudante de medicina, coñeceuno a través da familia von Breuning (Wegeler casaría cunha das súas fillas). Beethoven adoitaba a visitar o fogar dos von Breuning, onde tocaba o piano para algúns dos nenos. Alí aproximouse á literatura clásica e a literatura alemá. O contorno da familia von Breuning era menos estresante que o seu, que cada vez estaba máis dominado polo declive do seu pai. Beethoven tamén coñeceu ao conde [[Ferdinand von Waldstein]], que sería un amigo o resto da súa vida que o apoiaría financeiramente.