Diferenzas entre revisións de «Sinfonía n.º 9 (Beethoven)»

sen resumo de edición
 
=== Estrea ===
O [[7 de maio]] de [[1824]], dez anos despois da [[Sinfonía n.º 8 (Beethoven)|''Sinfonía n.º 8'']], Beethoven dá a coñecer ó mundo a súa Novena Sinfonía en re menor, posteriormente coñecida como "Sinfonía Coral". A presentación tivo lugar no Teatro da Corte Imperial de Viena (''Kärntnertortheater''), cheo de celebridades, aristócratas, nobreza e sangue real. Ninguén quería perder a estrea da sinfonía agardada e da que se presumía que sería a derradeira aparición pública do xenio alemán, como efectivamente así foi: nos tres anos seguintes, recluíuse na casa afectado por diversas doenzas que finalmente o levarían á morte.
 
Beethoven subiu á tarima de costas ó público, e non xirou nin cando rematou o concerto. A súa [[xordeira]] era total, non podía escoitar absolutamente nada do que creara. Cando a sinfonía concluíu, o teatro estoupou en aplausos, e unha solista ergueu o brazo do mestre e axudouna a xirar para que vise, entre bágoas, como todo elo públicpúblico se poñía de pé e o homenaxeaba entusiasmada. Ós 54 anOsanos, Beethoven creara a súa obra mái grandiosa e eterna.
 
== Notas ==
10.315

edicións