Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sinfonía n.º 9 (Beethoven)
m →‎Interpretacións posteriores: Sinfonía n.º 9 (Beethoven)
Liña 151:
No Festival Mahler de Ámsterdam en maio de [[1920]], presentáronse as sinfonías completas de Mahler así como os seus ciclos de cancións máis importantes ao longo de nove concertos ofrecidos pola [[Koninklijk Concertgebouworkest]] e os seus coros, baixo a dirección de Mengelberg.<ref>{{cita Harvard|Blaukopf|1974|p=241|sp=si}}</ref> O crítico musical [[Samuel Langford]], que estivo presente neste acontecemento, comentou que "non deixamos Ámsterdam envexando en gran medida a dieta de Mahler primeiro e calquera outro compositor despois, dos que Mengelberg está formando aos amantes da música desa cidade".<ref name="Langford">{{cita web|ligazónautor= Samuel Langford|apelidos= Langford|nome= Samuel|título= The Mahler Festival in Amsterdam|url= http://www.jstor.org/pss/908774|editor= The Musical Times|data= 1 de julio de 1920|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref> O historiador austríaco especializado en música Oscar Bie, impresionado co festival no seu conxunto, escribiu posteriormente que a ''Oitava'' foi "máis forte no seu efecto que en importancia e máis pura nas súas voces que en emoción".<ref>{{cita Harvard|Painter|2002|p=358|sp=si}}</ref> Langford comentou que os británicos "non eran moi entusiastas coa música de Mahler",<ref name="Langford" /> e a ''Oitava Sinfonía'' non foi interpretada no [[Reino Unido]] ata o [[15 de abril]] de [[1930]], cando [[Henry Joseph Wood]] a presentou coa [[BBC Symphony Orchestra]]. A obra foi interpretada de novo oito anos máis tarde cos mesmos protagonistas; entre os presentes na audiencia encontrábase o xove compositor [[Benjamin Britten]]. Quedou impresionado pola música, mais encontrou a interpretación en si "execrable".<ref>{{cita web|apelidos= Kennedy|nome= Michael|ligazónautor= Michael Kennedy|título= Mahler's mass following|editor= The Spectator|lugar= Londres|data= 13 de enero de 2010|url= http://www.spectator.co.uk/arts-and-culture/all/5704108/mahlers-mass-following.thtml|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref>
 
Nos anos posteriores á [[Segunda Guerra Mundial]] realizáronse unha serie de actuacións notables da ''Oitava Sinfonía'', entre elas, a retransmisión de [[Adrian Boult]] dende o [[Royal Albert Hall]] o [[10 de febreiro]] de [[1948]], a estrea en [[Xapón]] por [[Kazuo Yamada]] en [[Tokio]] en decembro de [[1949]] e a estrea en [[Australia]] baixo a batuta de Sir [[Eugene Goossens]] en [[1951]].<ref name="Anderson" /> Unha interpretación no [[Carnegie Hall]] a cargo de Stokowski en [[1950]] converteuse na primeira gravación da sinfonía lanzada ao mercado.<ref name="List" /> Despois de 1950, o crecente número de interpretacións e gravacións significaban que ía medrando en popularidade, mais non todo eran críticas favorables. [[Theodor W. Adorno|Theodor Adorno]] encontrou a peza feble, "un cascarón simbólico";<ref name="Carr186">{{cita Harvard|Carr|1998|p=186|sp=si}}</ref> esta obra máis favorable de Mahler é, en opinión de Adorno, menos exitosa, tanto musical como artísticamente inferior ás súas outras sinfonías.<ref>{{cita Harvard|La Grange|2000|p=928|sp=si}}</ref> O crítico e compositor [[Robert Simpson]], usualmente un defensor de Mahler, comparaba a Parte&nbsp;II con "un océano de desvergonzado [[kitsch]]".<ref name="Carr186" /> O biógrafo de Mahler [[Jonathan Carr]] encontra a maior parte da sinfonía "suave", desprovista da tensión e resolución presentes nas outras sinfonías do compositor.<ref name="Carr186" /> Deryck Cooke, por outra banda, compara a ''Oitava'' de Mahler coa ''[[Sinfonía n.º 9 (Beethoven)|Novena Sinfonía]]'' "Coral" de Beethoven. Para Cooke, a de Mahler é "a Sinfonía Coral do século XX: como a de Beethoven, mais de xeito distinto, preséntanos un ideal [de redención] que estamos aínda lonxe de acadar -mesmo quizais afastándonos- pero que non podemos abandonar sen perecer".<ref name="Cooke93">{{cita Harvard|Cooke|1980|pp=93–95|sp=si}}</ref>
 
A finais do século XX e xa dentro do [[século XXI|XXI]], a ''Oitava Sinfonía'' ten sido interpretada en todo o mundo. Unha sucesión de estreas no Extremo Oriente culminaron en outubro de [[2002]] en [[Pequín]], cando [[Long Yu]] dirixiu á [[Orquestra Filharmónica da China]] sendo a primeira interpretación da obra na [[República Popular da China]].<ref>{{cita web|título= Long Yu, Artistic Director and Principal Conductor|editor= Embajada china, Polonia|url= http://www.chinaembassy.org.pl/pol/wh/Nw/t129230.htm|ano= 2004|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref> O Festival das Artes Olímpicas de [[Sidney]], en agosto de [[2000]], comezou cunha interpretación da ''Oitava'' pola [[Sydney Symphony Orchestra]] baixo a batuta do seu director principal [[Edo de Waart]].<ref>{{cita web|título= Olympic Arts Festival: Mahler's 8th Symphony|editor= Australian Broadcast Corporation|url= http://www.abc.net.au/rn/arts/atoday/stories/s164126.htm|ano= 2007|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref> A popularidade da obra e a súa escala heroica, supuxeron que frecuentemente se empregara como peza para celebracións: o [[15 de marzo]] de [[2008]], [[Yoav Talmi]] dirixiu a uns 200 instrumentistas e un coro de 800 persoas nunha interpretación na [[Cidade de Quebec]], para conmemorar o 400º aniversario da fundación da cidade.<ref>{{cita web|título= Quebec, March 15, 2008: Gustav Mahler's Symphony of a Thousand|editor= Goberno do Canadá (Quebec 2008)|url= http://web.archive.org/web/20131119235251/http://www.quebec400.gc.ca/photos-eng.cfm|ano= 2008|dataacceso=14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref> En Londres, o [[16 de xullo]] de [[2010]], no concerto inaugural dos [[BBC Proms]] celebrouse o 150º aniversario do nacemento de Mahler cunha interpretación da ''Oitava'', con [[Jiří Bělohlávek]] dirixindo á [[BBC Symphony Orchestra]].<ref>{{cita web|título=Proms 2010:What's on/Proms by week|url= http://www.bbc.co.uk/proms/2010/whatson/season/?week1|obra=Proms 2010|editor=British Broadcasting Corporation (BBC)|dataacceso= 14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref> Esta interpretación foi a oitava na historia dos Proms.<ref>{{cita web|url=http://www.bbc.co.uk/proms/archive/search/performance_find.shtml?work_id=1468&all=1&tab=search&sub_tab=season|título=Performances of Symphony No. 8 in E flat major 'Symphony of a Thousand'|obra=Proms Archive|editor=British Broadcasting Corporation (BBC)|dataacceso=14 de marzo de 2015|lingua=inglés}}</ref>