José María de Pereda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:JMPereda.jpg|miniatura|José María de Pereda.]]
 
'''José María de Pereda y Sánchez Porrúa''', nado en [[Polanco]] ([[Cantabria]]) o [[6 de febreiro]] de [[1833]] e finado en [[Santander]] o [[1 de marzo]] de [[1906]], foi un novelista español.
 
== Traxectoria ==
Fillo de Juan Francisco de Pereda e Bárbara Josefa Sánchez Porrúa, (naturais, respectivamente, de Polanco e de [[Comillas]]), que casaron moi novos, de forma que chegaron a ter 22 fillos, aínda que só nove chegaron á mocidade. Inicialmente viviron da [[agricultura]] e da [[gandería]] na súa localidade natal, onde o autor cursou estudos de primaria, ata que se trasladan en 1843 á capital da provincia, Santander. Alí estuda bacharelato no Instituto Cántabro.
 
Terminados os estudos, no outono de 1852 trasladouse a [[Madrid]] con intención de cursar estudos preparatorios para o ingreso na [[Academia de Artillería de [[Segovia]], permaneceu dous en Madrid pero a falta de interese polas [[matemática]]s, fundamentais para entrar en [[artillería]], decidírono a desistir de entrar no [[exército]], levando unha vida bohemia. Testemuña da [[Revolución de 1854]], a [[Vicalvarada]], escribiu nese ano a comedia inédita ''La fortuna en un sombrero'' (1854). Volveu a Santander e en 1855 faleceu a súa nai deixándoo nunha profunda crise, complicándose por contraer o [[cólera]] a fin de ano, por consello dun irmán maior marchou a [[Andalucía]], onde permaneceu o [[inverno]] de 1857.
 
A Santander volveu totalmente restablecido das súas doenzas e o 28 de febreiro de 1858 apareceu o seu primeiro escrito, ''La gramática del amor'' na revista santanderina ''La Abeja Montañesa'', na cal seguiu colaborando ao tempo que cuns amigos fundaba a revista satírica ''El Tío Cayetano'', probou sorte co [[teatro]] con pezas como ''Tanto tienes, tanto vales'' (1861); ''Palos en seco'' (1861), ''Marchar con el siglo'' (1863) comedias de carácter moralista e satírico e as zarzuelas[[zarzuela]]s ''Mundo, amor y vanidad'' (1863) e ''Terrones y pergaminos'' (1866), que tiveron un relativo éxito localmente inda que a súa calidade literaria era ben discutible, as obras publicounas Pereda en 1869 no volume ''Ensayos dramáticos'' que distribuíu entre as amizades. En 1864 publicou ''Escenas montañesas'' e pasou un ano en [[París]].
 
Conmocianado pola [[Revolución de 1868]], Pereda de ideoloxía tradicionalista resucitou ''El Tío Cayetano'' en novembro de 1868 e presentouse como candidato [[carlismo|carlista]] no distrito de [[Cabuérniga]] en 1871 gañando o escano. Nese ano de 1871 publicou ''Tipos y paisajes'' e coñeceu a [[Benito Pérez Galdós]] con quen fixo perdurable amizade, pouco despois coñeceu a [[Ramón Menéndez Pelayo]] quen o estimulou para volver á literatura publicando en 1876 ''Bocetos al temple'', volume onde recolleu tres novelas breves, e colaborando na revista ''La Tertulia'' en artigos que recolleu no libro ''Tipos trashumantes'' (1877). En 1878 publicou a súa primeira novela longa, ''El buey suelto'' seguida por ''Don Gonzalo González de la Gonzalera'' (1879) e ''De tal palo tal astilla'' (1880).
 
A partir de 1881 con ''El sabor de la tierruca'' comezou unha nova etapa literaria menos condicionada pola súa ideoloxía e centrada no marco montañés, coa excepción de ''Pedro González'' (1883) que centra a súa acción en Madrid e que foi moi ben acollida pola [[crítica]] que o levou a visitar Madrid, [[Valencia]] e [[Barcelona]], onde coñece a [[Narcís Oller]]. En 1885 escribiu ''Sotileza'', unha das súas obras máis coñecidas e que tivo un éxito de crítica e público rotundo, Pereda viaxou a [[Portugal]] de incógnito con [[Galdós]], á volta regresando por [[Galicia]]. ''La Puchera'' (1889), ''Nubes de estío'' (1891), ''Al primer vuelo'' (1891) seguiron o estilo da novela montañesa. En 1892 presentouse como candidato a [[senador]] polas Sociedades Económicas de León desde posicións rexionalistas conservadoras. Defensor da literatura catalá participou nos XXXIV Xogos Florais en 1892. En 1893 morría o seu fillo e sumido nunha profunda crise parou na escrita da que ía ser unha das súas obras máis significativas, ''Peñas arriba'' publicada en 1895.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|[[Magdalena Aguinaga Alfonso|Aguinaga Alfonso, M.]]}} (1994).''Costumbrismo y narrativa breve en la obra de José María de Pereda''. [[Universidade de Santiago de Compostela]]. ISBN 84-8121-030-7
* {{Versaleta|Aguinaga Alfonso, M.}} (1994). ''El discurso narrativo de Pereda''. Ediciones Tantín ISBN 84-89013-57-8.
* {{Versaleta|Aguinaga Alfonso, M.}} (1994). ''El costumbrismo de Pereda: innovaciones y técnicas narrativas''. ISBN 84-605-1113-8.
 
{{Control de autoridades}}