Diferenzas entre revisións de «Cornualles»

sen resumo de edición
'''Cornualles''',<ref>Ver entrada de «Plymouth». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=1650 |volume=3}}</ref> '''Cornualle'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |autor=Benigno Fernández Salgado (edición) |editor=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> ou '''Cornualla'''<ref>Por exemplo en {{cita novas |título=4 de xuño: eleccións para un novo poder na Cornualla |nome=Ánxelo |apelidos=González Vicente |xornal=Vieiros (Recollido en IGADI) |data=1 de xuño de 2009 |url=http://www.igadi.org/artigos/2009/agv_4_de_xunho_eleccions_para_un_novo_poder_na_cornualla.htm}}; {{cita publicación periódica |título=As rexións do Arco Atlántico: Cornwall |nome=Sylvia |apelidos=Gómez Saborido |obra=ECO - Revista do Eixo Atlántico (Recollido en IGADI) |data=Xaneiro de 2002 |issn=1130-8478 |url=http://www.igadi.org/artigos/2001/arco_atlantico_cornwall.htm}}</ref> (en {{lang-en|Cornwall}}; en {{lang-kw|Kernow}}) é un [[condado]] administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do [[península de Cornualles|mesmo nome]], constituíndo o extremo sudoccidental de [[Inglaterra]]. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014<ref>[http://www.independent.co.uk/news/uk/politics/cornish-people-formally-declared-a-national-minority-along-with-scots-welsh-and-irish-9278725.html "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish"] ''The Independent'', 24 de abril de 2014</ref>.
 
As súas costas, recortadas, son bañadas polo [[mar Céltico]] ó norte e oeste e polo [[Canalcanal da Mancha]] ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á [[Fisterra]] galega ou á [[Finistèrre]] bretoa.
 
O tamén coñecido como ''país do [[estaño]]'' está ó oeste do condado de [[Devon]], sendo o [[río Tamar]] a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de [[Gran Bretaña]] é a A38, que cruza o Tamar en [[Plymouth]] grazas á ''Ponteponte do Tamar''; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de [[Torpoint]] ó outro lado do [[Hamoaze]]. Unha ponte ferroviaria (a ''Royal Albert Bridge''), construída por [[Brunel]] en [[1859]], completa a outra gran vía de [[transporte]].
 
As [[illas Sorlingas]] (''Isles of Scilly'') están asociadas a Cornualles.
 
Cornualles é tamén un [[ducado de Cornualles|ducado]] pertencente á Coroacoroa Británicabritánica que ten asociado o título de ''[[Duque de Cornualles]]''. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de [[Gran Bretaña]].
 
Na actualidade, este título osténtao Camilla Mountbatten-Windsor ([[Camilla Parker-Bowles]] denantes da súa voda co [[príncipe de Gales]], Carlos de Inglaterra).
 
== Bandeira ==
Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: [[Arcanxo Miguel|Sansan Miguel]], [[Sansan Petroc]] ou [[Sansan Piran]]. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día ([[5 de marzo]]) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
10.315

edicións