Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB |
*sustancias > substancias. |
||
Liña 31:
Ficino definiu un novo sentido do antigo concepto creado por Platón, radicalmente distinto e fundamental para a teoría da arte: o furor divino, convertido na causa e o efecto do encontro entre o artista-poeta e Deus. Isto influíu máis tarde na dignificación e divinización da arte, mostrando que ao igual que os filósofos e os místicos da Antigüidade, os creadores inspirados e posuídos polo furor divino, tamén alcanzaban o contacto con Deus.
Ficino ofrece unha descrición elaborada do Universo. Para el, o Universo é unha grande xerarquía na que cada ser ocupa o seu lugar e ten o seu grado de perfección, empezando por Deus e descendendo ata chegar á materia prima. A súa xerarquía está disposta en cinco
Reviviu a doutrina neoplatónica da alma do mundo, convencido de que o Universo debe ter unha unidade dinámica e que as súas diferentes partes e grados mantéñense unidos polas forzas e afinidades activas.
|