Alejandro González Trujillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
==Orixes==
Naceu en [[Miami]], [[Florida]] ([[Estados Unidos]]), de pai [[colombiano]] e nai [[cubana]]. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno, xa que desde os tres anos gustaba de bater en caixas de cartón e potas. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.
==De [[Sombrero Verde]] a [[Maná]]==
Cando [[Abraham Callejos]] saíu de [[Sombrero Verde]] os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle [[Fher Olvera]] e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era [[Sombrero Verde]], xa que era un grupo moi coñecido entón en [[Guadalajara (México)|Guadalajara]]. Preferiu ser o último en realizar a proba e a [[Fher Olvera]] gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de [[Maná]] nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, [[Fher Olvera]] convenceuno para que non o fixese. Desde entón Alejandro González é o batería de [[Maná]].
 
=Batería=
Desde entón Alejandro González é o batería de [[Maná]] e é considerado o mellor batería de [[México]] e un dos mellores do mundo, aínda que el non gusta destes recoñecementos.
==Estilo e influencias==
* [[Ringo Starr]], foi o primeiro batería que viu, cando observou a [[The Beatles]] na [[tela]]. Cando o viu dixo: “Eso é o que quero facer o resto da miña vida”. As cancións de [[Abbey Road]] foron das primeiras que tocou.
* [[John Bonham]], batería de [[Led Zeppelin]].
* [[Keith Moon]], batería de [[The Who]], do que lle gustaba a súa rapidez, a súa presenza escénica e as loucuras que facía dentro e fóra do escenario.
* [[Stewart Copeland]], batería de [[The Police]], a súa influenza en pegarlle duro aos tambores, segundo recoñece o mesmo Álex González.
* Outras influencias son, por exemplo, [[Phil Collins]], [[Terry Bozzio]], [[Travis Barker]], Patricio de [[Santa Sabina]], [[Abraham Callejos]] ou [[Héctor Navarrete]] (que non toca en ningún grupo de renome, mais admírao).
==Batería que usa==
É batería exclusivo para [[DW Drums]], usa parches [[Remo]] e sempre platillos [[Paiste]].
 
==Recoñecemento==
[[Category:Personalidades da música]]
É considerado o mellor batería de [[México]] e mesmo o mellor do mundo, aínda que el non gusta destes recoñecementos xa que afirma que hai xente con máis talento ca el, mais que non ten a sorte de tocar nunha banda coñecida.
 
=Ligazóns externas=
[[en:Alex González (musician)]]
*[http://www.drummerworld.com/drummers/Alex_Gonzalez.html Información de Alex en Drummerworld]
*[http://clavadoenunbar.blogspot.com/2006/09/alex-gonzlez-batera-y-percusiones.html Blog con biografía]
*[http://www.clubdebateristas.net/alex-02.htm Entrevista para Club de Bateristas Argentinos]
*[http://www.guitarraonline.com.ar/bateria_trujillo.htm Datos de El Rincon del guitarrista]