Alejandro González "El Animal": Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Redirixida a Alejandro González
Liña 1:
#REDIRECT[[Alejandro González]]
Alejandro González, (“Álex”, “El Animal”) é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de [[rock]] [[Maná]], do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba [[Sombrero Verde]]
 
=Biografía=
 
Naceu en [[Miami]], [[Florida]] ([[Estados Unidos]]), de pai [[colombiano]] e nai [[cubana]]. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno, xa que desde os tres anos gustaba de bater en caixas de cartón e potas. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.
 
Cando [[Abraham Callejos]] saíu de [[Sombrero Verde]] os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle [[Fher Olvera]] e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era [[Sombrero Verde]], xa que era un grupo moi coñecido entón en [[Guadalajara (México)|Guadalajara]]. Preferiu ser o último en realizar a proba e a [[Fher Olvera]] gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de [[Maná]] nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, [[Fher Olvera]] convenceuno para que non o fixese.
 
Desde entón Alejandro González é o batería de [[Maná]] e é considerado o mellor batería de [[México]] e un dos mellores do mundo, aínda que el non gusta destes recoñecementos.