Diaño de Tasmania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
m →‎top: Arranxos varios
Liña 18:
| range_map_caption = Distribución do Diaño de Tasmania (gris)
}}
O '''diaño de Tasmania''' (''Sarcophilus harrisii'') é un [[marsupial]] [[carnívoro]] que actualmente só se atopa en estado salvaxe no estado insular [[Australia|australianoaustralia]]no de [[Tasmania]]. O diaño de Tasmania é o único membro vivente do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Sarcophilus]]''. Co tamaño dun [[can]] pequeno, pero robusto e musculado, o diaño de Tasmania é actualmente o meirande marsupial carnívoro do mundo, despois da [[extinción]] do [[tigre de Tasmania]] en 1936. Caracterízase pola súa [[pelaxe]] negra, o fedor que emite cando se pon nervioso e a súa ferocidade cando se alimenta. Sábese que caza presas pero que tamén que se alimenta de [[prea]]. Malia que adoita ser solitario, tamén se alimenta en grupos.
 
O diaño de Tasmania foi extirpado do [[Australia|continente australiano]] uns 400 anos antes da colonización europea en 1788. Como eran vistos como unha ameaza para o gando, foron cazados até 1941, cando foron protexidos oficialmente. Dende finais da década de 1990, o [[cancro facial do diaño de Tasmania]] reduciu a poboación de diaños significativamente e, actualmente, ameaza a supervivencia da especie, que en maio de 2009 foi declarada ameazada. O goberno de Tasmania emprendeu programas para reducir o impacto da enfermidade.