Champiñón común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 25:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Agaricus bisporus mushroom.jpg|thumb|right|Cultivo de ''Agaricus bisporus''.]]
''A. bisporus'' presenta un [[Píleo (micoloxía)|chapeu]] arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao [[Estipe (micoloxía)|pé]] por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as [[Lamela (micoloxía)|lamelas]] típicas das [[Agaricaceae|agaricáceas]]. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acadar os 18  cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.
 
O trazo distintivo de ''A. bisporus'' é microscópico: as súas [[espora]]s (que miden de 5,5 a 8,5 por 4 a 6,5 µ), de forma elíptica, preséntanse dúas por cada [[basidio]], no canto de catro como é habitual noutros ''[[Agaricus]]''.
Liña 32:
 
== Cultivo ==
Coma outras especies do [[xénero (bioloxía)|xénero]], ''A. bisporus'' é [[saprófita]]. Preséntase en feixes ou fatos apertados, o que fai que a produción por m²² sexa elevada. Cultívase polo xeral sobre ''[[compost]]'', no que se inocula o [[micelio]], normalmente usando grans de [[trigo]] estériles recubertos de [[hifa]]s do fungo.
 
== Gastronomía ==