Lipotes vexillifer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios, replaced: phylum = ''Chordata'' → phylum = Chordata (2), classis = ''Mammalia'' → classis = Mammalia, ordo = ''Cetacea'' → ordo = Cetacea (2), superfamilia = ''Lipotoidea'' → superfamilia = [[Lipotoi...
Liña 11:
| image2_caption = Comparación co tamaño dun humano
| regnum = [[Animalia]]
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
| classis = ''[[Mammalia]]''
| ordo = ''[[Cetacea]]''
| subordo = ''[[Odontoceti]]''
| superfamilia = ''[[Lipotoidea]]''
| familia= '''''Lipotidae'''''
| familia_authority = Zhou, Qian & Li, 1978
Liña 32:
É un golfiño de río [[Endemismo|endémico]] do [[río Yangtzé]] ([[China]]). O seu nome chinés é ''baiji'' (白鱀豚) ou ''baijitun'' (en pinyin, báijìtún), que quere dicir "golfiño de auga doce branco".
 
Coñecido como "a deusa do Yangtzé" (長江女神) en China, creuse que se extinguira a finais do ano [[2006]], despois de que unha expedición non puido encontrar exemplares no río.
 
Porén, en [[2007]], foi avistado un por un veciño da provincia chinesa de [[Anhui]], chamado Zeng Yujiang. As imaxes tomadas por el foron revisadas no Instituto de Hidrobioloxía da Academia de Ciencias Chinesa, que confirmou a súa autenticidade.<ref>[http://blogs.periodistadigital.com/medioambiente.php/2007/08/30/delfin_yangtse_baiji_especie_ecologia_7865 Avistamiento de un baiji]</ref>
Liña 39:
O nome do xénero, ''Lipotes'', deriva do [[lingua grega|grego antigo]] λειποτήσ ''leipotés'', do verbo λείπω ''leípo'', "deixar" (a vida), "abandonar", "ser abandonado", "subsistir", en referencia á moi restrinxida zona onde vivía o animal.
 
En canto ao nome específico, ''vexillifer'', significa "abandeirado" (do [[latín]] ''vexillum'', ''-i'', "estandarte", "bandeira", e ''fer'', imperativo de ''ferre'', "levar".<ref>Aínda que o auténtico termo para "abandeirado" ou "portaestandarte" no latín clásico era ''vexilliarius'', ''-ii''.</ref>
 
== Descrición ==
As principais características de ''Lipotes vexillifer'' son as seguintes:<ref name=MC>Carwardine, M. (1995), pp. 228-229.</ref>
* Este golfiño mide entre 1,40 e 2,50 m de lonxitude, e pesa entre os 100 e os 160 &nbsp;kg.<br />O seu peso ao nacer é de entre 2,5 e 4,8 &nbsp;kg.
* O [[corpo]] é robusto, coas partes superiores e os flancos de [[cor]] gis azulada pálida e as inferiores abrancazadas.
* A [[aleta|aleta dorsal]] é moi baixa, de forma triangular, coa base moi ancha e rematada nunha punha roma.
* A [[cabeza]] presenta unha fronte abrupta, [[ollo]]s pequenos, situados a bastante altura.
* O [[peteiro|bico]] é longo e estreito (pode chegar aos 58 &nbsp;cm de lonxitude), lixeiramente espatulado e curvado cara a arriba, adaptado para apañar os [[peixe]]s e os [[cangrexo]]s dos que se alimenta.
 
== Distribución ==
 
Historicamente vivía ao longo de 1 700 &nbsp;km nos cursos medio e inferior do [[río Yangtzé]]([[China]]), até a desembocadura do río, cerca de [[Shanghai]], aínda que a súa presenza era rara máis arriba de [[Zhicheng]] e máis abaixo de [[Nanjing]], sendo máis común desde [[Loushan]] a [[Xintankou]] e de [[Anqing]] a [[Heishazhou]]. Aparecía alí onde os afluentes desembocaban no río principal, sobre todo antes e despois de enseadas e bancos de area. Antes, vivía tamén nos lagos [[Dongting]] e [[Poyang]], durante as inundacións de primavera, pero os niveis da auga actuais xa non son suficientes para iso.<ref name=MC/>
 
Aproximadamente o 12 % da poboación humana do mundo vive e traballa nas beiras do río Yangtzé, exercendo presión sobre o río. A construción do [[encoro das Tres Gargantas]] tamén deu lugar a perda de hábitat.
 
== Comportamento ==
Pouco se sabe do comportamento deste golfiño, xa que moi poucos exemplares puideron identificarse e é un animal difícil de estudar en liberdade (o único macho cativo, ''Qi Qi'', foi unha fonte crucial de información desde [[1980]] até que morreu en [[2002]]). Vive en pequenos grupos, de até 6 individuos (en zonas de abundante alimento poden reunirse máis). Nos períodos de actividade nada con rapidez, variando con frecuencia a dirección e o estilo (moitas veces, sobre o dorso ou os flancos), con inmersións frecuentes e curtas. Pero tamén pode nadar lentamente, polo xeral na mesma dirección, e con inmersións escasas e prolongadas. Habitualmente repousa en remansos de augas profundas durante 5 ou 6 horas.<ref name=MC/>
 
== Historia antiga ==
Liña 66:
== Conservación ==
{{sen referencias}}
Tan pronto como China decidiu modernizarse recoñeceu o estado precario do seu golfiño de río.
 
En [[1978]], a Academia Chinsesa de Ciencias creou unha rama do Instituto de Hidrobioloxía de [[Wuhan]], o Centro de Investigación do Golfiño de auga doce.<ref>En chinés, 淡水海豚研究中心.</ref>. De todos modos os esforzos deste instituto para salvar a estes mamíferos foron moi poucos e chegaron demasiado tarde.
Liña 73:
A primeira organización de protección de especies acuáticas chinesas, a Fundación de Conservación de [[Wuhan]] ''Golfiño baiji'', fundouse en decembro de [[1996]]. Recadou 1&nbsp;383&nbsp;924,35 [[Renminbi|iuans]] (ao redor de 100 000 [[Dólar estadounidense|dólares]]) e usou eses fondos para a preservación de células ''[[in vitro]]'' e para manter as instalacións do ''golfiño de río chinés'', incluíndo o ''santuario de Shishou'', que foi inundado en [[1998]].
 
Douglas Adams e Mark Carwardine documentaron os seus encontros cos animais en perigo nas súas viaxes de conservación para o programa da [[BBC]] "A última oportunidade para ver" (''Last Chance to See''). O libro do mesmo nome, publicado en [[1990]], incluíu fotos dun exemplar en catividade, un macho chamado ''Qi Qi'', que viviu no [[delfinario]] do Instituto Wuhan de Hidrobioloxía desde [[1980]] até o [[14 de xullo]] de [[2002]]. Este golfiño, descuberto por un pescador no lago [[Dongting]], converteuse no único residente do ''delfinario de Baiji'', ao lado do lago do Leste. Outro delfín capturado faleceu despois de un ano (de 1996 a 1997), na [[Reserva Seminatural de Shishou Tian-e-Zhou]], que contiña soamente toniñas da especie ''[[Neophocaena phocaenoides]]'' desde 1990. Outro golfiño, unha femia achada na [[illa de Chongming]] cerca de [[Shangai]] en [[1998]], faleceu de fame despois de un mes, xa que non aceptou a comida que se lle daba.
 
A especie de cetáceo en maior perigo no mundo, segundo o [[Libro Guinness dos Récords]], foi avistada por última vez no mes de setembro de [[2004]]. A [[Xinhua|axencia de noticias Xinhua]] anunciou o [[4 de decembro]] de [[2006]] que ningún golfiño de río chinés fora detectado tras unha busca visual e acústica realizada por 30 investigadores durante seis semanas no [[río Yangtzé]]. O fracaso da ''Expedición do golfiño de auga doce do río Yangtzé'' levantou sospeitas sobre a inequívoca extinción dunha especie de cetáceo debido á acción humana. A escasa visibilidade da auga e as condicións climáticas poderían dificultar os avistamentos, pero de todos os modos algúns científicos declararon a especie ''funcionalmente extinta'' o [[13 de decembro]] de [[2006]].
 
A poboación actual deste golfiño é difícil de calcular, pero se pensa que son menos dos que se necesitan para a propagación da especie.