Gorilla beringei graueri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
m →‎top: Arranxos varios
Liña 21:
O '''gorila oriental das chairas''' (''Gorilla beringei graueri'') é unha das dúas [[subespecie]]s do [[gorila do oriente]]. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do este da [[República Democrática do Congo]]. As maiores poboacións viven no [[Parque Nacional de Kahuzi-Biega]], no [[Parque Nacional de Maiko]] e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas [[Montañas Itombwe]].
 
É o meirande das catro subespecies de [[gorila]] existentes. Ó igual que o [[gorila de montaña]], a súa [[pelaxe]] é enteiramente negra, aínda que máis curta na [[testa]] e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no [[lombo (anatomía)|lombo]] cando o animal madura.
 
En comparanza co [[gorila occidental das chairas]], o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental ronda os 100.000.<ref name="[[National Geographic]]">{{cita web|apelidos=Pickrell|nome=J.|título=Eastern lowland gorilla numbers plunge to 5,000, study says|url=http://news.nationalgeographic.com/news/2004/03/0331_040331_easterngorillas.html|dataacceso=29 de xullo de 2013}}</ref>