Moreira negra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 24:
A moreira negra é unha árbore [[Monoico|monoica]] que medra a modo e que pode acada os 10 ou 20 m de alto.
 
As [[folla]]s son [[Caducifolio|caedizas]], alternas, glabras ou lixeiramente pubescentes polo envés. Son xeralmente cordiformes mais poden ser lobuladas. Miden uns 15  cm de longo.
 
É unha árbore rústica e resistente, que tolera a seca. É autofértil e florea pola primavera. Dá [[froito]]s comestíbeis, as [[amora]]s, semellantes ás das [[Silva brava|silveiras]], [[baga]]s duns 25  mm de diámetro, que manchan moito, febles e de consistencia bastante mol. Chegan á madureza a mediados de agosto, cando se tornan negras. Cómpre consumilas axiña xa que logo perecen.
 
''M. nigra'' é dexoploide (2n=22x=308), e posúe o maior número de [[cromosoma]]s entre as [[fanerógama]]s<ref>Baseado no artigo: ''Mulberry breeding, cultivation and utilization in Japan'', FAO animal production and health, volume=147, ano=2002, páxinas=63-71, issn=0259-6019, url texte=http://books.google.fr/books?id=uVoOZyqE5o4C, consultado o=6 de maio de 2013</ref>.
Liña 34:
Malia que algunhas fontes indican que a [[moreira branca]] produce amoras brancas e a negra, amoras negras, isto é falso. A moreira negra bota sempre froitos [[violeta (cor)|violetas]] escuros ou negros, porén a moreira branca pode botar amoras brancas, amarelas, rosadas, violetas ou tamén negras.
 
* A amora da moreira branca presenta un pedúnculo longo (ás veces da longura do froito), mentres que a negra carece deste pedúnculo ou é moi curto.
 
* A amora da moreira branca é doce antes de madurar, mentres que a da negra acostuma ser aceda. Cando están totalmente chegadas, as amoras brancas son macías e azucradas, as negras son azucradas mais aínda algo acedas.
 
* O sabor das amoras da moreira negra adoita gustar a todo o mundo. As amoras da moreira branca acostuman ser menos estimadas en Europa, agás nalgúns [[cultivar]]es seleccionados polos seus froitos. Porén son moi apreciadas nos países onde se cultivan dende a antigüidade: [[Irán]], [[Siria]], [[Líbano]] e [[Israel]] principalmente).