É unha árbore de até 15 m de altura, con pólas novas cinsentas. [[Folla]] con [[pecíolo]] de 1,5-2 5–2 cm e limbo de 4-6 por 4-5 4–5 cm, máis ou menos ovado, subagudo, irregularmente dentado ou lobado, oblicuamente cordado, delgado, glabro agás ao longo da nerviación, verde clara. Infrutescencias ([[sorose]]) da lonxitude dos seus [[pedúnculo]]s (2,5 por 1 cm), brancas ou branco-rosadas, que son as [[amora]]s; adoitan resultar insípidas.<ref>[http://www.floravascular.com/index.php?spp=Morus%20alba ''Morus alba'' en Flora vascular de Andalucía occidental]</ref>