Anser: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: phylum = ''Chordata'' → phylum = Chordata (2), classis = ''Aves'' → classis = Aves, ordo = ''Anseriformes'' → ordo = Anseriformes, familia = ''Anatidae'' → familia = Anatidae (2)
Liña 7:
| image_width = 250px
| regnum = [[Animalia]]
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
| classis = ''[[Aves]]''
| ordo = ''[[Anseriformes]]''
| familia = ''[[Anatidae]]''
| subfamilia = ''[[Anserinae]]''
| genus = '''Anser'''
| genus_authority = [[Brisson]], [[1760]] <ref>[http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=175019&taxa=&p_king=every&p_string=containing&p_format=&p_ifx=&p_lang=es SIIT]</ref>
Liña 20:
}}
 
'''''Anser''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[aves]] [[anseriformes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]] e subfamilia dos [[anserinos]] coñecidos vulgarmente como '''gansos''' (aínda que hai outros gansos que pertencen a outros xéneros, como o [[ganso de Exipto]], do xénero ''[[Alopochen]]'', e varias especies do xénero ''[[Branta]]'').
 
De dúas das súas especies, ''[[Anser anser]]'' e ''[[Anser cygnoides]]'', derivan varias razas [[domesticación|domésticas]].
Liña 39:
* ''[[Anser rossii]]''
 
Pero outros autores consideran só as sete primeiras arriba indicadas,<ref> [http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?taxa=&p_format=&p_ifx=&p_lang=fr&v_tsn=175037 xénero ''Chen'' Boie, 1822] en SIIT {{fr}}</ref> mentres que as tres últimas considéranas como pertencentes ao xénero ''[[Chen]]'', e non consideran como especie a ''Anser serrirostris'' Swinhoe, 1871, que sería unha subespecie de ''Anser fabalis''.<ref>[http://www.worldbirdnames.org/n-waterfowl.html ''Anseriformes''] en IOC World Bird List.</ref>
 
== Gansos domésticos ==
Liña 46:
A domesticación dos gansos data da antigüidade. Hai evidencias arqueolóxicas de que tal proceso comezou no [[Antigo Exipto]] hai uns 5 000 anos.<ref name=fao>Hugo, S. (sen data): [http://www.fao.org/docrep/V6200T/v6200T0n.htm Geese: the underestimated species]. FAO.</ref>
 
Os gansos domésticos de hoxe día descenden todos de dúas especies: as razas do [[Europa|oeste de Europa]], do [[ganso bravo]] (''Anser anser''), e as razas [[Asia|asiáticas]] do [[ganso cisnoide]] ou ganso chinés (''Anser cygnoides'').
 
Estes dous parentes salvaxes dos gansos domésticos son orixinarios das zonas temperadas do [[hemisferio norte]]. O ganso bravo, o máis meridional dos gansos que se reproducen en [[Europa]], conservouse polo ser humano desde a época do [[neolítico]]. É o antepasado da maior parte das razas europeas de gansos.
 
O ganso cisnoide é orixinario de [[China]] e [[Mongolia]]. A pesar que foi domesticado hai uns 3 000 anos, en estado salvaxe segue a ser unha das especies de aves acuáticas subárticas menos estudadas.
 
A diferenza das [[galiña]]s, os gansos teñen a gran vantaxe de poderen ser criados unicamente a partir de proteínas procedentes das [[herba]]s. Os gansos teñen tendencia a consumir máis alimento do que necesitan, tendencia que foi explotada durante longo tempo tanto para a súa engorda como para facelos demasiado pesados para voaren.
 
Debido a que os gansos domesticados se reproducen libremente cos individuos salvaxes cando se encontran, a [[domesticación]] non resultou na creación de razas diferenciadas.<ref name="FAO Aves">Beate D. Scherf (ed.) (1997): [http://www.fao.org/docrep/V8300S/v8300s1g.htm#TopOfPage Aves]. Lista Mundial de Vigilancia para la Diversidad de los Animales Domésticos. (2ª ed.). [[FAO]].</ref>
 
O ganso chinés pode ser facilmente distinguíbel do europeo pola presenza dunha protuberancia na base do peteiro, aínda que os híbridos entre ambas as especies poden presentar unha gradación para a presenza e o tamaño da protuberancia.<ref name=faob>Buckland, R. & Guy, G. (2002): ''Goose Production''. Chapter 1: [http://www.fao.org/DOCREP/005/Y4359E/y4359e03.htm Origins and Breeds of Domestic Geese]. FAO.</ref>
 
Os gansos domésticos foron seleccionados para ter un maior tamaño corporal que os seus parentes silvestres. Así, o ganso doméstico pode pesar até 10 &nbsp;kg, mentres que os silvestres chegan só até os 3,5 ou 4,1 &nbsp;kg, segundo as especies.<ref name="hbw">Carboneras, C., del Hoyo, J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. ''Handbook of Birds of the World'' Vol. 1: 581. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-10-5</ref> Este incremento no tamaño corporal afectou tamén á estrutura xeral do corpo, de modo tal que mentres que os gansos salvaxes teñen unha postura horizontal do tronco e o extremo posterior delgado, os gansos domésticos —ao depositaren gran cantidade de graxa cara á cola— presentan un extremo posterior máis gordo e pesado, o que os obriga a ter unha postura máis vertical. Ademais, esta característica tamén impide que os gansos domésticos poidan voar.<ref name=hbw />
 
Durante a domesticación tamén foron seleccionados para que incrementaran a súa fecundidade. De feito, as femias dos gansos domésticos poñen até 160 [[ovo (bioloxía)|ovos]] por ano, mentres que as especies de ganso silvestre só poñen de 5 a 12.<ref name=fao /> <ref name=hbw />
 
Os cambios na cor da [[pluma]]xe, porén, foron variábeis. Algúns foron seleccionados para perder os tons castaño escuro característicos ds ave silvestre, o que deu como resultado animais completamente cubertos de plumas brancas (como o da fotografía arriba). Outros reteñen unha cor da plumaxe similar á das especies orixinais, como o ganso de Tolousse.<ref name=fao />