Voitre branco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 20:
| range_map_caption = Distribución das subespecies
}}
O '''voitre branco'''<ref name="A chave">{{cita web|apelidos=Varios autores|título=Os nomes galegos das aves|url=http://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_aves.pdf|dataacceso=27 de setembro de 2016}}</ref> (''Neophron percnopterus'') é unha [[Aves|ave]] da familia dos [[accipítridos]], (do mesmo xeito que outros [[Voitre|voitresvoitre]]s), da que é o representante con menor envergadura (sobre 150 [[centímetro|cm]]). Os xuvenís son pardos, mentres que os adultos (a partir dos 5 anos de idade) caracterízanse pola súa testa e poutas amarelas, corpo branco, ás brancas con extremos grises e negros e cola branca e ancha. Miden 85 [[centímetro]]s da punta do peteiro á da cola, tendo unha envergadura de 1,7 [[metro]]s e un peso medio de dous [[quilo]]s ou pouco máis.
 
Os voitres voan normalmente en solitario, aínda que ás veces seguen a outros conxéneres ou ata a voitres doutras especies e [[corvo]]s. Habitan na [[Península Ibérica]], [[África]] e o suroeste de [[Asia]] ata a [[India]]. En [[España]], o voitre branco é normalmente un visitante estival, aínda que existen poboacións sedentarias nas illas de [[Menorca]], [[Mallorca]], [[Lanzarote]] e [[Fuerteventura]].
 
Este voitre adoita ser un dos derradeiros animais en probar a carnaza da que se alimenta. Cando outras especies maiores xa remataron con case toda a carne, o voitre branco acode para engulir as poucas peles e restos de carne que quedan pegados aos ósos. Complementa a súa dieta con [[insecto]]s e pequenos animais, así como todo tipo de desfeitos e feces animais. Tamén engule [[ovo (bioloxía)|ovos]], que casca levantándoos co peteiro e guindándoos contra as rochas. En [[África]], os voitres brancos logran romper a grosa casca dos ovos de [[avestruz]] tomando unha pedra e guindándoa repetidamente ata que a casca cede, sendo este un dos poucos casos de uso de ferramentas no mundo animal. Os voitres brancos tamén son visitantes habituais dos [[vertedoiro (lixo)|vertedoiros]], onde se alimentan de lixo humano.
 
Adoitan aniñar en covas situadas sobre [[cantil|cantís]] e vales recurtados, onde poñen dous ovos entre [[marzo]] e [[abril]] nun niño forrado de pelos de animal (é común o uso de lá de [[ovella]]), pólas e ósos. Transportan estes materiais co peteiro, ao contrario que o resto de voitres, que o fan suxeitándoos coas súas poutas. O uso intensivo de [[pesticida]]s pode reducir a posta a un só ovo, coma aconteceu en varias zonas de [[España]] e [[Portugal]] onde hoxe en día atópase en declive.
 
== Notas ==