Morcego mediterráneo de ferradura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 28:
}}
 
O '''morcego mediterráneo de ferradura''' ('''''Rhinolophus euryale''''') é unha [[especie]] de [[morcego]] dun tamaño intermedio entre o ''[[Rhinolophus ferrumequinum]]'' e o ''[[Rhinolophus hipposideros]]''. dos que se diferenza pola forma da cadeira, que é puntiaguda e lixeiramente inclinada. Diferénciase tamén pola forma da ferradura, que no caso do morcego mediterráneo conta con tres sucos verticais, tamén a cor interior das súas orellas é rosada, mentres nos outros é escura; e a súa forma de envolverse coas ás durante o repouso, onde mantén as súas ás case recollidas e amosando case toda a súa área pectoral.
 
* ''Talla''- Cabeza e corpo, entre 4,2 a 5,8 [[centímetro|cm]].
* ''Lonxitude da cola''- 2,2 a 3  cm.
* ''Envergadura''- 38  cm.
* ''Peso''- de 8 a 17,5 [[gramo]]s.
 
== Distribución ==
 
Esténdese dende a [[Península Ibérica]], sur de [[Europa]], [[Marrocos]], [[Alxeria]] e [[Tunisia]], Oriente Medio e sur do [[Cáucaso]], ata [[Turkmenistán]]. En Europa o límite [[setentrional]], pasa polo centro de [[Francia]], norte de [[Italia]] e noroeste de [[Romanía]], non habitando en zonas de alta montaña ou moi áridas.
 
=== Hábitat ===
Liña 45:
== Ameazas ==
 
Como á maioría dos [[quirópteros]], son as perturbacións nos refuxios, xa sexan de cría ou [[hibernación]], como a perda e degradación do seu hábitat e a diminución de presas dispoñibles pola utilización masiva de pesticidas agrícolas e forestais.
 
== Véxase tamén ==