Armiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
m →‎top: Arranxos varios
Liña 25:
| range_map2_caption = Distribución no mundo<br/>(verde: nativa, vermello: introducida)
}}
O '''armiño''' ou '''doniña branca''' ('''''Mustela erminea''''') é unha [[especie]] de [[mustélido]] moi espallado por [[Europa]]. É un dos [[Carnivora|carnívoros]] máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas [[estepa]]s; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun [[tobo]] coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as [[sebe]]s son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de [[roedor]]es, que axexa ata dentro das seus tobos.
 
Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible.
No verán, a súa [[pelaxe]] tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación.
O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.
 
Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.
 
Antigamente cazábase ao armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de [[visón americano]], igualmente fermoso mais non tan custoso.
 
==Notas==