Canis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 41:
O xénero orixinouse probabelmente en [[América do Norte]] a finais do [[Plioceno]] ou comezos do [[Plistoceno]], hai arredor dun millón de anos. Hoxe atópase en estado salvaxe en toda América, en [[Europa]], en [[África]], [[Asia]] e [[Australia]]; a distribución do can é case coextensiva coa do ser humano, cubrindo case todo o globo.
 
As especies de ''Canis'' amósanos unha gran variedade de tamaños, dende os 75  kg que pode acadar ''C. lupus'' —máis aínda en razas especialmente seleccionadas, coma o [[gran danés]] ou o [[mastín napolitano]]— até os 12 de ''C. mesomelas'' —considerabelmente menos en variedades domésticas de can, que ás veces non superan o quilogramo. Aínda así, non son infrecuentes os cruces cando a fisonomía o permite, o que complicou considerabelmente o establecemento das relacións xenéticas das distintas especies.
 
{{commons|Canis}}