Cuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 20:
 
== Descrición ==
Os cucos son aves duns 34  cm.de lonxitude e patas fortes, que cando voan recordan ós [[Gabián (ave)|gabiáns]], malia voaren coas alas por debaixo da horizontal. Pousados teñen aspecto gordecho, e a miúdo deixan caer lixeiramente as alas. A cola é longa e escalada, con manchas brancas. O barrado da zona ventral recorda tamén o dos gabiáns. Teñen dúas fases de coloración, unha gris predominante e outra acastañada (fase hepática), característica sobre todo dalgunhas femias. Os cucos novos teñen bandas tamén na cabeza e no lombo.
 
Poden chegar a idades de 16 anos.
Liña 28:
 
== Hábitat e distribución ==
Crían en Asia e Europa. Neste último continente faltan só en [[Islandia]]. Viven en paisaxes variadas, que lles ofrezan espazos naturais e lugares axeitados para pousarse. Aparecen en [[biótopo]]s por riba da liña dos bosques, en zonas de [[duna]]s costeiras, e en todo tipo de hábitats entre os [[semideserto]]s e os bosques máis ou menos mestos, mesmo ás veces en páramos. Faltan preto das áreas urbanas moi poboadas.
 
== Migracións ==
Liña 54:
== O cuco na cultura popular ==
=== Xeral ===
En Europa a chamada do cuco simboliza a chegada da primavera, polo que o cuco está presente en numerosas tradicións locais, refráns e frases feitas.
 
A tradición de preguntarlle ó cuco cantos anos lle quedan a un de vida, calculándoos polas veces que repite o seu canto, propia tamén de países coma [[Rusia]], tamén está presente en Galicia. A expresión ''ter oído cantar moitos cucos'', por ter moitos anos, relaciónase coa presenza anual da ave.
 
O xornal británico ''The Times'' informa cada ano do momento no que se oe ós cucos cucar por primeira vez, situación que se repiten nalgunhas publicacións de [[Asturias]].