Moucho de orellas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 23:
Teñen dous penachos de plumas na cabeza que recordan cando están dereitos unhas orellas. A plumaxe é da cor da casca das árbores, con coloracións que van do gris o acastañado, coa cara, a parte inferior, que amosa listas lonxitudinais negras, e unha liña nos ombreiros máis claras. Os ollos teñen o iris laranxa amarelado. Cando voan distínguense do [[moucho común]] ''(Athene noctua)'' pola cola máis curta e as alas máis estreitas.
 
Miden entre 19 e 21  cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 47 e 54  cm, o que os converte na segunda rapaz nocturna máis pequena de [[Europa]], por ben que a impresión visual de tamaño varía segundo a postura das "orellas": cando as teñen recollidas vense pequenos, gordos e cabezudos, cando as estiran semellan máis delgados, de cabeza máis pequena e meirandes do que son en realidade.
 
== Voz ==
Liña 49:
* ''O. s. turanicus'', a variedade máis clara e máis meridional, que cría sobre todo en [[estepa]]s e [[oasis]] do medio leste asiático ata [[Paquistán]].
 
Os puntos de máis concentración en Europa da especie como ave reprodutora están situados ó longo do mar [[Mediterráneo]], especialmente en [[España]], [[Croacia]] e [[Turquía]]. As poboacións teñen unha distribución máis irregular en [[Francia]] e [[Italia]]. A súa presenza en [[África]] do norte e tamén irregular, faltando completamente en [[Libia]] e [[Exipto]] . En Centroeuropa as súas poboacións son máis escasas canto máis ó norte..
 
== Conduta e reprodución ==
Liña 55:
Malia que limpan frecuentemente as plumas, raras veces se observan tomando baños de sol ou de area.
 
O seu voo é case totalmente silencioso, con fases de planeo. Cando voan, as alas semellan moi longas.
 
=== Reprodución ===
Liña 62:
Fan os niños principalmente en buratos nas árbores e ocasionalmente en fornelas en rochas ou edificios. En raras ocasións aproveitan niños de pegas e outros córvidos e niños artificiais. Coma é habitual nas estrixiformes o lugar do niño non é apenas mellorado, limitándose os mouchos de orellas a escalaren un pouco para faceren unha pequena depresión. Non aportan ningún material se hai restos dun niño anterior non os eliminan.
 
Poñen en xeral 3 ou 4 ovos brancos e con forma de óvalo curto e duns 31 x 27  mm. De tamaño medios. Chocan exclusivamente as femias. Os polos, que saen do ovo despois de 22 días de incubación, son alimentados polos dous pais e están en condicións de voaren cando teñen uns corenta día, aínda que son coidados polos pais uns 20 días máis,. Despois abandonan o territorio destes para dispersárense.
 
== Alimentación e técnicas de caza ==