Endoproctos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 20:
* [[Pedicellinidae]]
}}
Os '''endoproctos''' ('''Entoprocta''', do [[Lingua grega|grego]] ἔντóς ''entós'', "dentro", "no interior", e πρωκτός ''prōktós'', "ano"), ás veces escrito '''entoproctos''', respectando a ortografía latina, non a pronuncia,<ref>Véxanse outros termos derivados formados co pimeiro elemento ''endo-'', de ἔντο-: endoblasto, endocardio, endocarpo, endocrinoloxía, endoderma, endodoncia, endometrio, endoparasito, endorreico, endoscopia, endosfera, emdosmose, endotelio, endotérmico, endotoxina, endovenoso, endóxeno etc.</ref> tamén chamados '''kamptozoos''' ('''Kamptozoa''', do grego κάμτω ''kámtō'', "encorvar", "dobrar", e ζωον ''zōon'', "animal") son un [[filo]] de [[animais]] [[bilaterais]] [[protóstomos]], acuáticos, que miden de 0,5 a 5 &nbsp;mm de lonxitude e provsitos dun [[lofóforo]], que se poden distingiuir doutros [[lofoforados]] similares, como os [[briozoos]] ou [[ectoproctos]] pola posición do [[ano (anatomía)|ano]], que queda incluído na coroa de tentáculos.
 
Son animais sésiles, a maioría deles [[mar|mariños]]iños, aínda que existe algún [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[auga doce]] (como ''Urnatella''). Apareceron no [[xurásico]], e se describiron unhas 170 [[especie]]s.<ref name=cha>[http://www.environment.gov.au/biodiversity/abrs/publications/other/species-numbers/2009/03-exec-summary.html Chapman, A. D., 2009. ''Numbers of Living Species in Australia and the World'', 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618]</ref>
 
A miúdo viven en colonias, nas que os individuos, en lugar de fixarse ao substrato por un pé, únense mediante unha especie de estolón (que pode, ao igual que o pedúnculo, producir novos individuos) a outros animais fixos ( como briozoos) ou móbiles (como [[sipúnculos]] ou [[anélidos]]).<ref>Walla Walla University, [http://www.wallawalla.edu/academics/departments/biology/rosario/inverts/Entoprocta/Entoprocta_Key.html "Entoprocta"].</ref>
Liña 32:
 
== Aparato dixestivo e alimentación ==
Os endoproctos son animais filtradores, de alimentación ciliar. A rexión glandular do estómago segrega [[enzima]]s e [[moco]] que van captando partículas ([[diatomea]]s, [[protozoo]]s, detritos etc.) que chegan á boca grazas aos [[cilio]]s dos tentáculos que a rodean.
 
O [[tubo dixestivo]] está curvado en forma de "U" e ocupa case todo o cáliz. Está tapizado de cilios que provocan correntes que moven os alimentos que acaban por entrar pola boca e que son engulidos por contraccións do [[esófago]]. A [[dixestión]] é de tipo extracelular, e a [[absorción dixestiva|absorción]] ten lugar no [[estómago]] e no [[intestino]]. A continuación do intestino está o [[recto]], separado por un [[esfínter]], e despois hai outro na zona do [[Ano (anatomía)|ano]]. O animal mantén alí retido o alimento ata que se atopa saciado, polo que se pensa que na rexión rectal tamén se produce algo de absorción.
Liña 94:
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/classification/Entoprocta.html ''Entoprocta''] en Animal Diversity Web {{en}} Consultada o 17/01/2013.
* [http://www.earthlife.net/inverts/entoprocta.html ''Entoprocta''] en Earthlife.net {{en}} Consultada o 17/01/2013.
* [http://www.ucm.es/info/tropico/docencia/Textos/D8%20ENDOPROCTOS.pdf Ana G. Moreno: ''Apuntes de zoología''] {{es}} Consultada o 17/01/2013.