Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios
Os '''cordados''' ('''Chordata''', do [[lingua latina|latín]] ''chordata'', pl. de ''chordatum'' "cordado", "con corda"; de ''chorda'', "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un [[filo]] do [[Animalia|reino animal]] caracterizado por presentar cinco [[sinapomorfía|sinapomorfias]], a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou [[notocorda]] de células turxentes (e dun [[tubo neural]]) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.<ref>Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): ''Invertebrados'', 2ª edición. Madrid: McGraw Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.</ref>
 
Coñécense preto de 65 000 [[especie]]s actuais,<ref name=cha>[http://www.environment.gov.au/biodiversity/abrs/publications/other/species-numbers/2009/03-exec-summary.html Chapman, A. D. (2009): ''Numbers of Living Species in Australia and the World'', 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services] ISBN 978-0-642-56861-8]</ref> a maioría pertencentes ao [[filo|subfilo]] dos [[vertebrados]], e case a metade das cales son [[peixes]].
 
Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de [[nicho ecolóxico|nichos ecolóxicos]] e que demostraron ao longo da súa [[evolución biolóxica|historia evolutiva]] notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos [[Elo (cadea)|elos]] [[cadea trófica|tróficos]] dos seus [[ecosistema]]s.
380.827

edicións