República Popular da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Países de Asia mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 60:
Cunha [[superficie]] aproximada de 9,6 millóns de [[quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]], a China é o [[Lista de países por superficie|segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre]] e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa [[Lista de países por superficie|superficie total]]. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de [[Mongolia]] e [[Asia Central]], están ocupados por estepas forestais e os [[Deserto de Gobi|desertos do Gobi]] e [[Taklamakan]]. O sur, lindando coa rexión do [[Sueste asiático]], é máis húmido e está ocupado por bosques [[Clima subtropical|subtropicais]]. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do [[Himalaias]], [[Karakoram]], [[Cordilleira do Pamir|Pamir]] e [[Tian Shan]] facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os [[Río Yangtzé|ríos Yangtzé]] e [[Río Amarelo|Amarelo]], o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na [[Tíbet|meseta do Tíbet]], e flúen cara á [[densidade de poboación|densamente poboada]] costa leste. A liña costeira da China ao longo do [[Océano Pacífico]] é de 14.500 quilómetros e está limitada polos [[Mar de Bohai|mares de Bohai]], [[Mar Amarelo|Amarelo]], [[Mar da China Oriental|Oriental]] e o [[Mar da China Meridional|Meridional]].
 
A [[Historia da China|antiga civilización chinesa]], unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do [[río Amarelo]]. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en [[monarquía]]s hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a [[mitoloxía|semimitolóxica]] [[dinastía Xia]] (aprox. [[-2000|2.000 a.C.]]). Dende o ano [[-221|221 a.C.]], cando a [[dinastía Qin]] conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano [[1911]] coa chegada da [[República da China (1912–1949)|República da China]]. En [[1945]], a República conquistou Taiwán ao [[Imperio do Xapón]] trala fin da [[Segunda Guerra Mundial]]. Nos anos [[1946]] a [[1949]] o Partido Comunista derrotou ao nacionalista [[Kuomintang]] na China continental e estableceu en Pequín a República Popular deda China o [[1 de outubro]] de [[1949]], mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República deda China a [[Taipei]]. A xurisdición da República deda China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.
 
A [[lingua chinesa]] é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de [[chinés mandarín]], é a lingua oficial da República Popular da China, así como de [[Taiwan]]. É ademais unha das linguas oficiais de [[Singapur]] e mais unha das seis linguas oficiais das [[Nacións Unidas]].
 
A China ten fronteiras con 14 países: [[Afganistán]], [[Bután]], [[Myanmar]], [[India]], [[Casaquistán]], [[Quirguisia]], [[Laos]], [[Mongolia]], [[Nepal]], [[Corea do Norte]], [[Paquistán]], [[Rusia]], [[Taxiquistán]] e [[Vietnam]]. As cidades máis importantes son [[Pequín]], [[Shanghai]], e [[Hong Kong]]. Desde a súa fundación en [[1949]], a RPCh está gobernada polo [[Partido Comunista Chinés]]. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.
 
== Etimoloxía ==
Liña 76:
Os descubrimentos arqueolóxicos revelan a presenza de seres humanos no territorio chinés un millón de anos atrás: os antropopitecos "de Yuanmou" e "de lantian". O "[[Home de Pequín]]", verdadeiro [[Homo erectus]], viviu hai uns cincocentos mil anos. Tras do longo proceso da comunidade primitiva cara ao século XXI a.C., apareceu na historia chinesa o primeiro Estado, e a [[China]] entrou na sociedade escravista coa [[dinastía Xia]]. As dinastías [[Dinastía Shang|Shang]] e [[Dinastía Zhou|Zhou]] do oeste que a seguiron, desenvolveron a escravitude en maior grao. O Período de Primavera e Outono e o dos Reinos Combatentes (é dicir, Zhou do este) son considerados de transición da sociedade escravista á feudal.
 
No ano [[-221|221 a.C.]], [[Qin Shi Huang]] (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o Período dos Reinos Combatentes e fundou un estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado e o primeiro na historia da China: A [[dinastía Qin]]. A evolución histórica viu xurdir outras dinastías: Han, Wei, Jin, as do sur e norte, Sui, Tang, As Cinco Dinastías, Song, Yuan, Ming e Qing. aA China estivo sumida na sociedade feudal ata a [[guerra do Opio]] no [[1840]]. En 1911 unha explosión revolucionaria acabou co imperio e proclamou a república pero só serviu para agravar a situación e por todo o país xurdiron señores da guerra que gobernaban o territorio que controlaban con mentalidade feudal metidos en frecuentes guerras entre eles, isto foi o xermolo dun movemento de carácter rexenerador que xurdiu a partir de 1919 entre os estudantes e as clases medias das grandes cidades que buscaban devolver aá China a súa dignidade nacional e occidentar o país, politicamente expresouse en dúas organizacións, o Kuomintang de ideoloxía democrática e nacionalista e o Partido Comunista que se aliaron en 1923 formando un exército que volveu unificar a China.
 
Logo da [[Segunda Guerra Mundial]], a guerra civil chinesa entre o partido comunista da China e o [[Kuomintang]] rematou en [[1949]] cos comunistas co control da terra central da China e o Kuomintang co control de [[Taiwán]] e algunhas illas de [[Fujian]]. O [[10 de outubro]] de [[1949]], [[Mao Zedong]] declarou a República Popular da China e estableceu un estado [[comunista]]. Á vez de asegurar a soberanía Chinesa, a administración de Mao impuxo controis estritos sobre a vida diaria e os custos da vida de decenas de millóns de persoas mediante políticas desastrosas como o [[gran salto adiante]] e a [[Revolución Cultural]].
Liña 85:
 
== Organización administrativa ==
{{VT|Subdivisións da República Popular da China}}
A República Popular da China articúlase oficialmente en tres niveis:<ref name="administracion">{{cita web|url=http://spanish.china.org.cn/china/archive/txt/2007-01/25/content_7711392.htm|título=División administrativa e cidades|data= 25 de xaneiro de 2007|obra=China.org.cn|data-acceso= 14 de xaneiro de 2014}}</ref>
# Provincias: o país divídese en provincias, rexións autónomas, concellos baixo xurisdición central e rexións administrativas especiais.
Liña 93:
A República Popular da China mantén o control administrativo sobre vinte e dúas [[Provincias da China|provincias]] e considera a [[Taiwán]] como a súa provincia número 23, malia que a illa de Taiwán está gobernada independentemente pola [[República da China]].<ref name="Ref_ap">{{cita web|url= http://www.statoids.com/ucn.html|título= Provinces of China|autor= Law, Gwillim|data= 2 de abril de 2005|obra= Statoids.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref>
 
A China tamén conta con cinco subdivisións chamadas oficialmente [[Rexión autónoma da China|rexións autónomas]] ([[Xinjiang]], [[Mongolia Interior]], [[Tíbet]], [[Ningxia]] e [[Guangxi]]) nas que existe unha minoría étnica e que teñen unha autonomía maior; catro municipios baixo xurisdición central ([[Pequín]], [[Tianjin]], [[Shanghai]] e [[Chongqing]]) e dúas [[rexión administrativa especial|rexións administrativas especiais]] ([[Hong Kong]] e [[Macau]]), que gozan de certo grao de autonomía política. Estas vinte dúas provincias, cinco rexións autónomas e catro concellos coñécense en conxunto como a «[[China continental]]», un termo que usualmente exclúe a Hong Kong e Macau. Pola súa parte, o goberno da República da China non recoñece ningunha destas divisións administrativas, pois reclama toda a extensión da República Popular da China como parte do seu territorio.
 
== Dereitos Humanos ==
Liña 130:
O oriente, a costa e o sur teñen un [[clima subtropical]] húmido. É un clima cálido dominado polos monzóns e ocasionalmente chegan ventos polares da zona de [[Siberia]]. As temperaturas oscilan entre os 15 e os 30&nbsp;°C e as precipitacións varían moito: máis de 1000&nbsp;mm no sur e menos de 500&nbsp;mm no norte.<ref name=UV/> O [[clima continental]] húmido aparece no nordés do país e nas zonas de transición entre o clima seco e o subtropical húmido; as precipitacións son menos abondosas —entre 500&nbsp;mm e 800&nbsp;mm anuais—, e as temperaturas son calorosas no [[verán]] e moi frías no [[inverno]], pola influencia do [[Anticiclón de Siberia|anticiclón siberiano]]. En ocasións chegan masas de aire do clima subtropical húmido que traen chuvias e temperaturas cálidas canda si.<ref name=UV/>
 
Un dos principais problemas ambientais na China é a continua [[desertificación|expansión dos seus desertos]], particularmente o [[deserto do Gobi]].<ref>{{cita web|título=Fighting Desertification|url=http://www.forbes.com/sites/terrywaghorn/2011/03/07/fighting-desertification/|obra=Forbes|data=7 de marzo de 2011|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés|apelidos= Waghorn|nome= Terry}}</ref><ref name="Ref_au">{{cita web|url= http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/asia-pacific/4915690.stm|título= Beijing hit by eighth sandstorm|autor= BBC News|data= 17 de abril de 2006|obra= BBC.co.uk|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> Aínda que as barreiras de árbores plantadas dende a década de 1970 reduciron a frecuencia das [[tormenta de area|tormentas de area]], as secas prolongadas, o esgotamento dos acuíferos co descenso do nivel freático continúan e provocan [[pó asiático|tormentas de pó]] que invaden o norte da China cada primavera, e que en ocasións se esparexen a outras partes do afastado Oriente, incluíndo Corea e Xapón. De acordo co supervisor de medio ambiente Sepa, a China perde 4.000&nbsp;km² por ano por mor da desertificación.<ref name="Ref_av">{{cita web|url= http://www.independent.co.uk/news/world/asia/the-gathering-sandstorm-encroaching-desert-missing-water-399653.html|título= The gathering sandstorm: "Encroaching desert, missing water"|apelidos= Coonan|nome= Clifford|data= 9 de novembro de 2007|obra= The Independent|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés|url-arquivo= http://wayback.archive.org/web/20080424052106/http://www.independent.co.uk/news/world/asia/the-gathering-sandstorm-encroaching-desert-missing-water-399653.html|data-arquivo= 24 de abril de 2008}}</ref> A calidade da auga, a [[erosión]] e o descontrol da contaminación convertéronse en problemas importantes que afectan as relacións da China con outros países. O derretemento dos [[glaciar]]es no [[Himalaia]] podería levar a unha seca que afectaría a centos de millóns de persoas.<ref name="Ref_aw">{{cita web|url=http://www.msnbc.msn.com/id/27894721/|título=Himalaya glaciers melting much faster|autor=MSNBC|data=24 de novembro de 2008|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés|obra= MSN.com}}</ref>
 
=== Flora e fauna ===
A China é un dos dezasete [[país megadiverso|países megadiversos]],<ref name="Ref_2009a">{{cita web |url=http://www.environment.gov.au/soe/2001/publications/theme-reports/biodiversity/biodiversity01-3.html |título=Biodiversity Theme Report |obra=Environment.gov.au |data=10 de decembro de 2009 |dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> e xace en dúas das [[ecorrexión]]s máis grandes do mundo: a [[paleártico]] e a [[Indomalaia]]. Conta con más de 34.687 especies de [[anfibios]], [[aves]], [[mamíferos]], [[réptiles]] e [[Tracheobionta|plantas vasculares]], o terceiro país máis biodiverso da Tierra, só despois de [[Brasil]] e [[Colombia]].<ref>{{cita web|url= http://rainforests.mongabay.com/03highest_biodiversity.htm|título= Countries with the Highest Biological Diversity|data= 2004|obra= Mongabay.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> De feito, é fogar de 551 especies de [[mamífero]]s (o 3º do mundo),<ref>{{cita web|url= http://www.iucnredlist.org/initiatives/mammals/analysis/geographic-patterns|título= IUCN Initiatives – Mammals – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012|autor= IUCN|data= 2012|obra= IUCN Red List.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> 1.221 especies de paxaros (8° do mundo),<ref>{{cita web|url= http://rainforests.mongabay.com/03birds.htm|título= Countries with the most bird species|data= 2004|obra= Mongabay.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> 424 especies de réptiles (7° do mundo)<ref>{{cita web|url= http://rainforests.mongabay.com/03reptiles.htm|título= Countries with the most reptile species|data= 2004|obra= Mongabay.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> e 333 especies de anfibios (7° do mundo).<ref>{{cita web|url= http://www.iucnredlist.org/initiatives/amphibians/analysis/geographic-patterns#diversity|título= IUCN Initiatives – Amphibians – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012|autor= IUCN|data= 2012|obra= IUCN Red List.com|dataacceso= 14 de xaneiro de 2014|lingua= inglés}}</ref> Das especies endémicas de mamíferos do país, destacan: o [[oso panda]], o [[Rhinopithecus|mono de pelo dourado]], o [[tigre do sur da China]], o [[Crossoptilon mantchuricum|faisán orelludo pardo]], a [[Grus japonensis|grúa de crista vermella]], o [[Nipponia nippon|ibis nipón]], o [[Lipotes vexillifer|golfiño branco de río]] e o [[Alligator sinensis|caimán chinés]].
 
[[Ficheiro:Panda Cub from Wolong, Sichuan, China.JPG|miniatura|Un [[oso panda|panda xigante]] na [[Reserva natural nacional Wolong]], [[Sichuan]].]]
Liña 141:
== Cultura ==
=== Literatura ===
* [[Ba Jin]]: novelista, un dos escritores máis lidos deda China.
* [[Gao Xingjian]]: novelista e dramaturgo, nacionalizado [[Francia|francés]]. Premio Nobel de Literatura no ano [[2000]].
* [[O soño da cámara vermella]]: a máis importante das novelas clásicas chinesas.
Liña 147:
== Economía ==
[[Ficheiro:China fuels 1983.jpg|miniatura|dereita|250px|Mapa de produción de petróleo e minerais.]]
Cun crecemento oficial do 7-8% anual, a economía chinesa está considerada como unha das de maior crecemento do planeta, mantendo esta taxa desde os [[Anosanos 1980]].
 
As facilidades do goberno para o investimento estranxeiro levaron á creación de zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo aá China nunha das maiores potencias manufacturadoras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido so baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten uns ingresos inferiores á metade dun mexicano).
 
Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.
Liña 205:
* [http://www.todachina.com/ TodaChina.com] Portal de novas sobre a China.
* [http://spanish.peopledaily.com.cn/ Pobo en liña] Edición en castelá de este diario.
* [http://www.mdbg.net/chindict/chindict.php?page=worddictbasic Dicionario Inglés-ChinoChinés, ChinoChinés-Inglés: MDBG]
 
{{Asia}}