Agustín Fernández Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 185.35.95.164 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
Liña 27:
|notas =
}}
'''Agustín Fernández Paz''', nado en [[Vilalba]] o [[29 de maio]] de [[1947]] e finado en [[Vigo]] o [[12 de xullo]] de [[2016]],<ref>{{cita novas|título=Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas|url=http://praza.gal/cultura/12228/morre-agustin-fernandez-paz-agarimo-das-letras-galegas/|dataacceso=12 de xullo de 2016|obra=Praza.gal|data=12 de xullo de 2016}}</ref> foi un escritor e pedagogo [[Pobo galego|galego]]. Foi autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola [[Federación de Libreiros de Galicia]] e no 2007, pola [[Asociación Galega de Editores]]). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]].
.
 
O seu libro ''[[O único que queda é o amor]]'' obtivo en [[2008]] o [[Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España|Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil]] que concede o [[Ministerio de Cultura de España]]. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao [[Premio Memorial Astrid Lindgren]], nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro ''[[O único que queda é o amor]]'' foi incluído na [[IBBY|Lista de Honra IBBY]] no 2010, como ocorrera tamén con ''[[Contos por palabras]]'' en 1992 e con ''[[Aire negro]]'' en 2002. Esta última novela, ''[[Aire negro]]'', foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da [[Internationale Jugendbibliothek]] de [[Múnic]] en 2001, un recoñecemento que tamén acadou ''[[O meu nome é Skywalker]]'' en 2004.
 
== Traxectoria ==
=== Mocidade ===
Naceu no barrio [[Vilalba|vilalbés]] das Fontiñas, lugar onde transcurriu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á [[Universidade Laboral de Xixón]], onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.
 
=== Mestre ===
Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse n[[a Coruña]] e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.<ref name="Carneiro, M. (2004)">{{cita novas|apelidos=Carneiro|nome=Montse|título="Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2004/05/02/queriamos-cambiar-mundo-as-aulas-fixemos/0003_2643298.htm|dataacceso=21 de outubro de 2016|obra=[[La Voz de Galicia]]|data=2 de maio de 2004}}</ref> Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de [[lingua galega]] no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.
 
Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre [[1988]] e [[1990]] traballou para a [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria|Consellería de Educación]] como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a [[1995]] traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro ''[[O noso galego]]'', dos primeiros anos oitenta.
 
Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do [[Consello da Cultura Galega]] e asesor do Programa SOL, da [[Fundación Germán Sánchez Ruipérez]].
 
=== Escritor ===
Despois da aprobación da [[Constitución española de 1978|Constitución]] no ano [[1978]], comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron sendos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.
 
Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xabier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, [[Fina Casalderrey]] e [[Xabier P. DoCampo]].
 
=== Últimos anos ===
Prexubilouse por enfermidade en [[2007]] no [[IES Os Rosais 2]], de [[Vigo]]. No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola [[Universidade de Vigo]].<ref>{{cita novas|apelidos=Rey|nome=Noemí|título=Agustín Fernández Paz, seis lembranzas e unha narración no camiño ata o Honoris Causa|url=http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6854|dataacceso=21 de outubro de 2016|obra=Duvi Uvigo|data=28 de xaneiro de 2013}}</ref>
 
O [[12 de xullo]] de [[2016]] morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en [[Vigo]],<ref>{{cita novas|título=Muere el escritor Agustín Fernández Paz|url=http://www.elmundo.es/cultura/2016/07/12/5784c1b022601d9d1f8b45e0.html|dataacceso=21 de outubro de 2016|data=12 de xullo de 2016}}</ref> logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Vigo,<ref>{{cita web|título=A despedida de Agustín Fernández Paz|url=http://blog.xerais.gal/2016/a-despedida-de-agustin-fernandez-paz/|editor=Blog Xerais|dataacceso=21 de outubro de 2016}}</ref> co féretro arroupado coa [[bandeira galega]], e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.<ref>{{cita novas|apelidos=C|nome=R|título=Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-agust-n-fern-ndez-paz-autor-m-is-querido-das-letras-galegas/20160706181627049244.html|dataacceso=20 de outubro de 2016|obra=Sermos Galiza|data=12 de xullo de 2016}}</ref>
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Agustín Fernández Paz nos Xerais 2009.jpg|miniatura|200px|dereita|Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na [[Illa de San Simón]] con motivo da celebración do ditame dos XXVIº [[Premios Xerais]] o 6 de xuño de [[2009]].]]
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da [[literatura infantil e xuvenil galega]], non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao [[lingua castelá|castelán]], con arredor de 50, máis de 30 ao [[lingua catalá|catalán]], unhas 20 ao [[lingua éuscara|éuscaro]], e tamén ao [[lingua asturiana|asturiano]], [[lingua portuguesa|portugués]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua árabe|árabe]], [[lingua coreana|coreano]], [[lingua italiana|italiano]], [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua búlgara|búlgaro]], [[lingua bretoa|bretón]] e [[lingua eslovena|esloveno]], entre outras.<ref>{{cita web|título=Ficha de Agustín Fernández Paz|url=http://www.cervantesvirtual.com/portales/fernandez_paz/|editor=cervantesvirtual.com|dataacceso=21 de outubro de 2016}}</ref><ref name="Cartas de inverno" />
 
Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o [[Premio Merlín|Merlín]], [[premio Lazarillo|Lazarillo]], o [[Premio Rañolas|Rañolas]] ou o [[Premio Raíña Lupa|Raíña Lupa]]. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a [[Lista de Honra de IBBY]]. Foi nomeado Socio de honra da [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] en [[2009]].
 
A súa novela ''[[Cartas de inverno]]'' acadou en 2016 a cifra de máis de 100&nbsp;000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, ''[[Memorias dun neno labrego]]'', de [[Xosé Neira Vilas]].<ref name="Cartas de inverno">{{cita novas|apelidos=C.|nome=R.|título='Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cartas-inverno-fernandez-paz-chega-aos-100-000-exemplares-cunha-edicion-especial/20161125193440053101.html|dataacceso=26 de novembro de 2016|obra=[[Sermos Galiza]]|data=25 de novembro de 2016}}</ref>
 
Ademais, realizou un longo labor editorial para [[Edicións Xerais]], coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
 
=== Literatura infantil-xuvenil ===
Liña 39 ⟶ 72:
* ''[[Unha lúa na fiestra]]'', [[1994]], Galaxia (narrativa xuvenil).
* ''[[Trece anos de Branca]]'', 1994, Xerais (novela xuvenil).
* ''[[Cartas de inverno]]'', [[1995]], Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.<ref name="Cartas de inverno">{{cita novas|apelidos=C.|nome=R.|data=25 de novembro de 2016|obra=[[Sermos Galiza]]|título='Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cartas-inverno-fernandez-paz-chega-aos-100-000-exemplares-cunha-edicion-especial/20161125193440053101.html|dataacceso=26 de novembro de 2016}}</ref>
* ''[[Amor dos quince anos, Marilyn]]'', 1995, Xerais (novela xuvenil), 6ª edición.
* ''[[Avenida do Parque, 17]]'', [[1996]], Edicións S. M. (novela xuvenil).