Wikipedia:Política de protección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 66:
Nas páxinas inmersas nunha [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerra de edicións]], unha protección completa temporal pode obrigar ás partes a debater as edicións desexadas na páxina de conversa do artigo, axudando na procura dun [[WP:CONSENSO|consenso]]. Os incidentes illados de guerras de edicións e o comportamento reiterado neste aspecto por parte de usuarios particulares pode ter repercusións tal e como se indica na [[Wikipedia:Política de bloqueo|política de bloqueo]] correspondente.
 
Á hora de protexer unha páxina por mor dunha disputa polo contido, os administradores habitualmente protexen a versión actual do mesmo, agás cando esta contén material que viole algunha das políticas de contido, coma por exemplo cando foron obxectivo de [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismo]] ou inclúen [[Wikipedia:Dereitos de autoría|violacións dos dereitos de autoría]] ou [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|difamacións a persoas vivas]]. Xa que a protección da versión máis actual pode "recompensar" á propia guerra de edicións ó establecer unha revisión disputada, os administradores poden revertirreverter a páxina a unha versión previa anterior á propia guerra de edicións, se existe un punto claro como tal. As páxinas protexidas por mor de disputas sobre o contido non se deben editar agás para realizar cambios non controvertidos ou cambios para os que exista un [[WP:CONSENSO|consenso]] claro.
 
Pola súa banda, os administradores non deben protexer unha páxina co propósito de apoiar o seu propio punto de vista durante unha disputa sobre o contido da mesma.
 
==== Vandalismo ====
Aplicar a protección completa indefinida a unha páxina como medida preventiva é algo contrario á natureza aberta da Wikipedia e non está permitido por norma xeral cando só existe este motivo. Porén, permítese aplicar un nivel axeitado de protección durante un período de tempo razoable en situacións nas que teña lugar un [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismo]] obvio e continuado con moita frecuencia. A duración destas proteccións debe ser o máis curta que sexa posible, co nivel de protección máis baixo que sexa posible para permitir a outros editores produtivos que continuencontinúen a realizar cambios construtivos.
 
==== Revisión de historial ====
Liña 95:
Os administradores poden aplicar unha semiprotección por un período de tempo indefinido a páxinas que son obxectivo dun [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismo]] persistente ou que violen as políticas de contido (coma as [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|biografías de persoas vivas]] ou o [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]]). A semiprotección non debe utilizarse como medida preventiva perante o vandalismo que aínda non tivo lugar, nin para darlle un privilexio ós usuarios rexistrados fronte a usuarios anónimos nunha disputa lexítima polo contido.
 
A maiores, os administradores poden aplicar unha semiprotección temporal en páxinas que cumplencumpren o seguinte:
* Páxinas baixo un vandalismo ou disrupción considerable pero temporal (por exemplo, por ser un tema de actualidade), cando o [[Wikipedia:Política de bloqueo|o bloqueo]] dun usuario individual non é unha opción eficaz.
* Páxinas baixo unha [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerra de edicións]] cando tódalas partes involucradas son usuarios anónimos ou non confirmados.