Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
{{Fusión desde|SalmoLibro dos Salmos}}
'''Salmos''' (do [[lingua grega|grego]]: ''Psalmoi'') (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de ''psallein'' "tocar un instrumento de corda", '''Ψαλμοί'''; [[lingua hebrea|hebreo]]: ''Teghilim'', '''תהילים''', ou "loubanzas") é un libro da [[Tanagh|Biblia hebrea]] ou [[Antigo Testamento]].
A palabra Salmo, en hebreo ''mizmor'', designa un poema cantado ao son dun instrumento musical: No caso concreto dos salmos da [[Biblia]], habería que engadir que eran cantos que tiñan como finalidade a oración e as celebracións do [[Templo de Xerusalén]] e doutros lugares de culto<ref>A Bilia, ed. SEPT, 1ª edición, pax. 636</ref>. O '''Libros dos Salmos''' recolle 150 destas composicións.
 
Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou [[Quetuvim]] (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).
== Autor e data de composición ==
 
Tradicionalmente se lle atribuía a súa autoría ao rei David, o rei poeta. Igual que os libros como Proverbios ou Sabedoría se lle atribuían a Salomón, o rei sabio.
O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado '''Salterio'''.
[[Ficheiro:Psalms scroll.PNG|right|thumb]]
 
== Composición do Salterio ==
O Salterio está dividido en 150 Salmos, Cada un dos cales constitúes unha canción relixiosa ou cántico, aínda que un ou dous son atipicamente longos e poden formar un conxunto de cánticos relacionados. Cando a Biblia foi [[Capítulos e versículos da Biblia|dividida en capítulos]], cada Salmo tiña asignado o seu propio capítulo. Os Salmos son ás veces chamados capítulos, aínda que esa denominación é posterior á composición dos Salmos "canónicos" en 1.500 anos.
 
A organización e numeración dos Salmos difire lixeiramente entre os textos manuscritos hebreos ([[Textos dos masoretas]]) e os gregos ([[Biblia dos Setenta]]):
<div style="float:left; width:35%;clear: left;">
{| borderclass="1" width="75%wikitable" align="center"
! Salmos hebreos
! Salmos gregos
|}-
|colspan="2" align="center"|1-8
|-
| 9-10
| 9
|-
| 11-113
| 10-112
|-
| 114-115
| 113
|-
| 116
| 114-115
|-
| 117-146
| 116-145
|-
| 147
| 146-147
|-
|colspan=2 align=center|148-150
}|}
</div>
<div style="width:60%; clear: left">
* Os Salmos 9 e 10 na hebrea se xuntan no 9 grego
* Os Salmos 114 e 115 son o 113 na versión grega
* Os Salmos 114 e 115 gregos son o Salmo 116 no texto hebreo
* Os Salmos 146 e 147 na grega son o 147 na versión hebrea
</div>
As tradicións [[Cristianismo|cristiás]] varían:
* As traducións [[Protestantismo|protestantes]] están baseadas na numeración hebrea;
* As traducións da [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxia oriental]] se basean na numeración grega;
* Os textos [[Liturxia|litúrxicos]] oficiais dos [[Igrexa Católica|católicos]] seguen a numeración grega, pero traducións modernas a miúdo usan a hebrea, engadindo algunhas veces, entre parénteses, a numeración grega.
 
A maioría dos manuscritos da Biblia dos Setenta tamén inclúen un [[Salmo 151]], presente nas traducións ortodoxas; unha versión hebrea foi atopada no "Pergamiño dos Salmos" nos [[Manuscritos do Mar Morto]]. Ese pergamiño presenta os Salmos nunha orde diferente de calquera outra, á parte de poemas e himnos non canónicos.
 
Para o resto do artigo se utilizará a numeración hebrea dos Salmos salvo que se diga o contrario.
 
== Autoría e adscricións ==
A tradición xudía mantén que os Salmos son obra de [[David]] (setenta e tres Salmos teñen o seu nome), baseándose nos escritos dos dez antigos salmistas (incluídos [[Adán]] e [[Moisés]]). Moitos expertos modernos os ven como unha creación de varios autores ou grupos de autores, moitos deles descoñecidos. A maioría dos Salmos veñen con algunhas palabras introductorios (que son frecuentemente diferentes nas tradicións dos textos dos [[Textos masoréticos|masoretas]] e dos [[Textos dos setenta|setenta]], ou ausentes nun a presentes noutro) adscribíndoos a un autor particular ou dicindo algo, normalmente nunha linguaxe críptica, sobre as circunstancias da súa composición; só 73 desas introducións teñen a David como suposto autor. Xa que os Salmos non foron escritos en hebreo ata o [[século VI a.C.]], preto de medio milenio despois do reinado de David (ao redor de 1000 a.C.), dependeron, sen dúbida, da tradición oral ou hímnica para a transmisión de calquera material de David.
 
Os Salmos 39, 62 e 77 están relacionados co [[Ghedutun]], para seren cantados á súa maneira ou no seu coro. Os Salmos 50 e 73-83 están asociados co [[Asaf]], como mestre do seu coro, para seren cantados na adoración a [[Deus]]. As adscricións dos Salmos 42, 44-49, 84, 85, 87 e 88 afirman que os "fillos de [[Corá]]" se encargaban de arranxalos e cantalos; [[Libros das crónicas|As crónicas]] 20:19 suxiren que este grupo formaba unha parte importante dos cantantes coratitas. O experto en asuntos hebreos [http://www.lashon.net/JMH/ Joel M. Hoffman] suxire que o Salmo 49 pode ser anticorrupción, non "a favor de Corá" senón "en contra de Corá."<ref>''My People's Prayer Book Volume 9.'' (Rabbi Lawrence A. Hoffman, ed.) 2004. ISBN 1-58023-262-0.</ref>
 
O Salmo 18 se atopa tamén, con variacións mínimas, en 2 Samuel 22, razón pola cal, en concordancia coa convención onomástica usada noutras partes da Biblia histórica, se coñece como a ''[[Canción de David]]''.
 
== Seccións do libro ==
Na tradición xudía o Salterio está dividido, en analoxía co [[Pentateuco]], en cinco libros, cada un rematando cunha doxoloxía ou bendición (para a división en vinte ''[[cacismata]]'', véxase '''Uso ortodoxo''', embaixo):
# O primeiro libro está composto polos 41 primeiros Salmos. Todos eles se lle atribúen a David salvo os Salmos 1, 2, 10, e 33, os cales, aínda que sen título, tamén foron tradicionalmente atribuídos a David. Mentres que a súa autoría non se pode confirmar, esta é probablemente a sección máis vella dos Salmos.
# O segundo libro contén os seguintes 31 Salmos (42-72). Dezaoito deles se lle atribúen a David. O Salmo 72 comeza "Para [[Salomón]]", pero foi tradicionalmente entendido que o escribira David como oración para o seu fillo. O resto son anónimos.
# O terceiro libro contén dezasete Salmos (73-89), dos cales o 86 puido ser de David, o 88 de [[Hemán o Ezraghíta]] e o 89 a [[Eitán o Ezraghíta]].
# O cuarto libro tamén ten dezasete Salmos (90-106), o 90 parece ser de [[Moisés]], e os Salmos 101 e 103 de David.
# O quinto libro ten os 44 Salmos restantes. Deles, 15 son de David, un (Salmo 127) tamén para Salomón.
 
O Salmo 136 é normalmente chamado "o grande Halel," pero o [[Talmud]] tamén inclúe os Salmos 120-135. Os Salmos 113-118 constitúen o [[Halel]], que é recitado nas tres grandes celebracións, ([[Pessach|Pascua]], [[Shavuot]] e [[Sucot]]); coa [[Rosh Ghodesh|lúa nova]]; e nos oito días de [[Ghánuca]]. Unha versión do Salmo 136 lixeiramente diferente aparece nos [[Pergamiños do mar Morto]].
 
Os Salmos 120-134, chamados [[Salmo gradual|Salmos graduais]], e crese que foron himnos usados polos [[peregrino]]s que accedían ao [[Templo de Xerusalén]].
 
O [[Salmo 119]] é o máis longo. Está composto por 176 versículos en grupos de oito, cada un comezando cunha das 22 letras do [[alfabeto hebreo]]. Moitos outros Salmos tamén teñen xogos de letras. Pénsase que estes Salmos son composicións escritas (máis que orais) do primeiro, e, polo tanto, dunha data relativamente tardía.
 
O Salmo 117 é o Salmo máis curto, non ten máis que dous versículos.
 
== Tipos de salmo ==
Os eruditos notaron que había grupos de Salmos que se podían clasificar nunha mesma categoría polas súas similitudes. Os tipos máis importantes son:
# [[Himno]]s
# [[Lamentos individuais]]
# [[Lamentos da comunidade]]
# [[Cantos de confianza]]
# [[Salmos de acción de gracias individuais]]
# [[Salmos reais]]
# [[Salmos de sabedoría]]
# [[Salmos de peregrinación]]
# [[Salmos de liturxia]]
 
Outros tipos son:
Cantos de Zion - Salmos 48, 76, 84, 87, 122 e 134;
Litanías históricas - Salmos 78, 105, 106, 135 e 136;
Liturxias de peregrino - Salmos 81 e 21;
Liturxias de entrada - Psalms 15 e 24;
Liturxias de xuízo - Salmos 50 e 82;
Tipos mixtos - 36, 40, 41 e 68.
 
[[Walter Brueggemann]] propón outra forma de categorizar os Salmos:
Orientación, desorientación e reorientación<ref>Brueggmann, Walter: "Praying the Psalms", Winona, MN: St. Mary's Press, 1986</ref>.
 
== Uso dos salmos nos ritos xudeus ==
[[Ficheiro:Psalms WesternWall.jpg|miniatura|dereita|Un home le os Salmos no [[Muro das lamentacións]]]]
No [[Pentateuco]] (ou [[Torá]]), Moisés lidera aos xudeus en dous cantos de loubanza: sobre a separación das augas do [[Mar Vermello]] (Éxodo 15) e antes da súa morte (Deuteronomio 32). Tamén, os xudeus cantan sobre as milagres feitas para eles (Números 21). Outras figuras xudías cantarían para celebrar milagres, incluíndo [[Xosué]] e [[Débora]]. Aínda así, é David quen é coñecido como o "doce cantante de Israel".
 
Algúns dos títulos dos Salmos suxiren a súa finalidade no culto:
* Algúns levan a designación hebrea ''shir'' (en [[Lingua grega|grego]] ''oda'', un canto). Trece teñen este título. Significa un fluxo de aire de forma continuada. Dentro deste grupo hai cantos sagrados e profanos.
* Cincuenta e oito Salmos chámanse ''mizmor'' (en grego ''psalmos'', un Salmo), unha oda lírica ou un canto musicalizado, un canto sagrado acompañado dun instrumento musical.
* O Salmo 145, e moitos outros, son ''teghila'' (en grego ''hümnos'', un himno), é un canto de loubanza cuxo pensamento máis importante é a adoración a Deus.
* Seis Salmos (16, 56-60) chámanse ''michtam''.
* O Salmo 7 e [[Libro de Habacuc|Habacuc]] 3 teñen por título ''shigaión''.
 
Os Salmos úsanse en toda a liturxia tradizonal xudía. Moitos Salmos completos e estrofas de Salmos aparecen en servizos matutinos. O Salmo 145 (comunmente chamado "Ashrei," que é realmente a primeira palabra de dúas estrofas engadidas ao principio do Salmo), é lido durante ou antes dos servizos, tres veces ao día. Os Salmos 95-99, 29, 92, e 93, xunto con outras lecturas tardías, conforman a introdución ("Cabalat Shabat") ao servizo nocturno do venrese.
 
Tradicionalmente, un "Salmo do día" diferente lese tras o [[Shacharit|servizo matutino]] cada día da semana (comezando o domingo, os Salmos: 24, 48, 82, 94, 81, 93, 92). Isto descríbese na [[Mishná]] (a codificación inicial da [[Lei oral|tradición oral]] xudía) no tratado "[[Tamid]]."
 
Dende o [[Rosh Chodesh]] en [[Elul]] ata o [[Hoshaná Rabá]], o Salmo 27 recítase dúas veces ao día polos xudeus tradicionais.
 
Cando un [[xudeu]] morre, establécese unha vixilancia do corpo e recítanse teghilim (Salmos) constantemente á luz dos candís ou do sol ata o enterro. Historicamente, esta vixilancia só era feita pola familia inmediata – normalmente en quendas – pero na práctica contemporánea, este servizo fano os empregados da funeraria ou [[Chevra cadisha]].
 
Moitos xudeus completan o Libro dos Salmos nunha base semanal ou mensual. Algúns tamén recitan, cada semana, un Salmo conectado cos acontecementos desa semana ou coa parte da Torá lida durante esa semana. Aínda máis, moitos xudeus (entre eles os Lubavitch e outros Chasidim) len o libro enteiro antes dos servizos matutinos, no Shabat que precede a aparizón calculada da nova lúa.
 
A lectura dos Salmos vese na tradición xudía como un vehículo para gañar o favor de Deus. Polo tanto, os Salmos son especialmente recitados en tempos de problemas, como a pobreza, a enfermidade ou o dano físico. En moitas sinagogas, recítanse Salmos tras os servizos pedindo por a seguridade do Estado de Israel.
 
Tamén se pode ler entre un grupo de persoas, dividíndoo entre eles, así, completan e libro enteiro xuntos.
 
As 116 citas directas dos Salmos no [[Novo Testamento]] mostran que lles eran familiares á comunidade xudía no primeiro século da [[Anno Domini|era cristiá]].
 
== Os salmos no culto cristián ==
[[Ficheiro:Psałterz florianski1.jpg|miniatura|250px|Salterio de San Floriano]]
[[Ficheiro:Cantoria Della Robbia OPA Florence 9.jpg|dereita|miniatura| Nenos cantando e tocando música, ilustración do Salmo 150 (Laudate Dominum).]]
Algunhas referencias do Novo Testamento mostran que os cristiáns primitivos usaban os Salmos nos rezos e permaneceron como parte importante do culto en todas as Igrexas cristiás. As igrexas [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa]], [[Igrexa Católica|Católica]] e [[Comuñón Anglicana|Anglicana]] sempre usaron sistematicamente os Salmos, cun ciclo de recitación de todos eles ou dunha grande parte no curso dunha ou varias semanas. Nos primeiros séculos da Igrexa, esperábase que calquera candidato a bispo puidese recitar todo o Salterio de memoria, algo que aprendían normalmente case automaticamente durante o monacato. Hoxe en día aínda se producen novas traducións e arranxos de Salmos. Moitas denominacións conservadoras só cantan Salmos (algunhas parroquias tamén cantan o pequeno número de himnos que se atopan na Biblia)durante o culto, e non aceptan o uso de himnos non bíblicos; algúns exemplos son a [[Igrexa Presbiteriana Reformada de América do Norte]], a [[Igrexa Presbiteriana de Westminster nos Estados Unidos]] e s [[Igrexa Libre de Escocia]].
 
Algúns Salmos están entre as máis coñecidas e preferidas das pasaxes das Escrituras, cunha popularidade que se estende máis aló dos practicantes habituais. En particular, o Salmo número 23 ("O Señor é o meu Pastor", o 22º na numeración grega) ofrécenos unha mensaxe de seguridade e é escollido moitas veces nos servizos [[funeral|fúnebres]], tanto como lectura como dentro dunha serie de himnos; o Salmo 50/51 (o ''Miserere'', pola súa primeira palabra na versión latina) é de lonxe o máis recitado na ortodoxia, na [[Liturxia divina]] nas ''Horas'', no sacramento de penitencia ou confesión e noutros casos. O Salmo 102/103 ("¡Bendi, alma miña, ao Señor, e todo o meu ser ao seu santo nome!") é unha das oracións de loubanza máis coñecidas. O Salmo 136/137 ("By the rivers of Babylon, there we sat down and wept", como unha coñecida canción de [[Bonny M]]) é unha meditación taciturna, aínda que finalmente triumfante, sobre a vida na [[escravitude]]; a Igrexa ortodoxa usa frecuentemente este himno na Coresma. En música pop, a canción de [[U2]] [["40" (canción)|"40"]] está baseada no Salmo 40 ("Pacientemente esperei ao Señor, e inclinouse cara a min, e ouvíu o meu clamor.")
 
=== Uso ortodoxo ===
Os cristiáns [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]] e [[Igrexa Católica|católicos]] que seguen o [[rito bizantino]] levan moito tempo considerando os Salmos como parte integral das súas oracións privadas e de grupo. Para facilitar a súa lectura, os 150 Salmos están divididos en 20 ''cacismata'' (do grego: καθισματα, en eslavo: каѳисмы, ''cafismi''), e cada ''cacisma'' (do grego: καθισμα, en eslavo: каѳисма, ''cafisma'') estaba subdividido en tres ''staseis'' (do grego: στασεις, sing. στασις, ''stasis'').
 
Nas [[vésperas]] e nos [[matinas]] lense diferentes cacismata en diferentes datas do ano litúrxico e variando cada día da semana, segundo o calendario da Igrexa, de tal xeito que todos os 150 Salmos (20 cacismata) se len no transcurso dunha semana. no século XX, algúns cristiáns laicos adoptaron a lectura continua dos Salmos os días de semana (de luns a venres), salmodiando o libro enteiro en catro semanas, tres veces ao día, un cacisma cada día.
 
Á parte das lecturas dos cacismata, os Salmos ocupan un lugar prominente nos outros servizos ortodoxos incluíndo os [[Horas canónicas|servizos das Horas]] e a [[liturxia divina]]. En particular, o [[Salmo 51|Salmo 50]] penitencial é amplamente usado. Úsanse fragmentos e versos individuais dos Salmos como [[Proquimenon|proquimena]] (introducións ás lecturas das Escrituras), e [[Stighera]]. O groso das [[vésperas]] seguiría estando composto de Salmos aínda que os cacismata fosen obviados; o [[Salmo 119|Salmo 118]], "o Salmo da [[Halagha|lei]]," é a peza central dos [[matinas]] dos sábados, algúns domingos e en servizos [[Funeral|funerarios]]. O libro dos Salmos é lido an voz alta ou cantado, tradicionalmente, ao lado dos finados durante os momentos que levan ao soterramento, como na tradición xudía.
 
=== Uso católico ===
Os Salmos sempre foron parte da [[liturxia]] [[Igrexa Católica|católica]]. A [[Liturxia das Horas]] (horas canónicas) está centrada no canto ou recitación dos Salmos, usando fórmulas melódicas fixadas coñecidas como [[tons de recitación]]. Os primeiros católicos usaban os Salmos amplamente nas súas oracións individuais, aínda así, ao tempo que o coñecemento do latín (a lingua do [[rito latino]]) minguaba, esta práctica cesaba entre os analfabetos. Con todo, ata a fin da Idade Media sábese que o pobo laico cantaba no Pequeno Oficio da Benaventurada Virxe María, que era unha versión acortada da [[Liturxia das Horas]] que proporcionaba un ciclo diario fixo de vinte e cinco Salmos para ser recitados e outros nove divididos en matinas.
 
O traballo do Bispo Challoner en intentar proporcionar material de devoción en inglés significaba que moitos dos Salmos eran familiares para os católicos angloparlantes dende o século XVIII en adiante. Challoner traducíu todo o Oficio da Nosa Señora ao inglés, así como as Vésperas do domingo e as Completas diarias. Tamén proporcionou outros Salmos individuais como os 129 e 130 para o rezo dos seus libros devocionais. Challoner tamén é famoso pola revisión da Biblia de Rheims de Douai, e as traducións que el usou nos seus libros devocionais saíron dese traballo.
 
Ata o [[Concilio Vaticano Segundo]] os Salmos eran ou recitados en ciclos dunha ou, menos frecuentemente, de dúas semanas (coma no caso do rito Ambrosiano). Usábanse diferentes esquemas semanais: todo o clero secular seguía a distribución romana mentres que os mosteiros case sempre seguían a regra de San Benito, había poucas congregacións (como os beneditinos de San Maur) que seguían regras individuais. O breviario introducido en 1974 distribuía os Salmos nun ciclo de catro semanas. O uso monástico varía amplamente. Algúns usan o ciclo de catro semanas do clero secular, moitos seguen co semanal, xa sexan do esquema beneditino ou outro do seu propio deseño, mentres que outros optan por outras adaptacións.
 
Dábase aprobación oficial para outras adaptacións (véxase [http://kellerbook.com Breviarios "curtos" na América contemporánea] para un estudio en desenvolvemento) polos cales o Salterio se recitaba en ciclos dunha ou dúas semanas. Estas adaptacións se usan principalmente por ordes relixiosas católicas contemplativas, como a dos [[Orde da Trapa|trapenses]] (véxase [http://newmelleray.org?menu=psalms a axenda do Divino Oficio na abadía de Nova Mellerai]).
 
A ''Instrución Xeral da Liturxia das Horas'', 122, sanciona tres modos de canto dos Salmos:
* directamente (todos cantan todo o Salmo);
* [[antifonal]]mente (dous coros ou partes da congregación canta estrofas alternándose); e
* [[responsorial]]mente (o cantor ou coro recita as estrofas mentres a congregación canta ou recita unha resposta tras esa estrofa).
Destes o antifonal é o máis estendido.
 
Co paso do tempo, o uso dos Salmos completos na [[liturxia]] decaeu. A [[misa Tridentina]] preservou só estrofas illadas que, nalgúns casos, eran estribillos cantados durante a recitación do Salmo do que saen. Tras o [[Concilio Vaticano Segundo]] (que tamén permitiu o uso da lingua vernácula na misa) reintroduciuse a lectura de Salmos máis longos na liturxia. A [[Paulo VI, papa|revisión]] do [[misal romano]] despois do [[Concilio Vaticano Segundo]] reintroduciu o canto ou recitación dunha sección máis substancial dun Salmo, nalgúns casos un enteiro, tras a primeira lectura das Escrituras. Este Salmo, chamado o ''Salmo responsorial,'' é normalmente feito de forma responsorial, aínda que a ''Instrución Xeral do Misal Romano'', 61, permite a recitación directa.
 
=== Uso protestante ===
[[Ficheiro:Psalm 1 metrical 1628.jpg|miniatura|dereita|200px|Salmo 1 nunha páxina da versión de Sternhold e Hopkins (1628) utilizada amplamente polos anglicanos antes da guerra civil inglesa (Guerra das Rosas). Foi esta versión a que cantaron os exécitos antes de ir á batalla]]
Os Salmos foron extremadamente populares entre aqueles que seguiron a tradición reformada.
 
Seguindo a [[reforma protestante]], as [[salterio métrico|paráfrases das estrofas]] de moitos Salmos se poñían como [[himno]]s. Estas foron particularmente populares na tradición [[Calvinismo|calvinista]], onde estas foran inicialmente cantadas coa [[salmodia exclusiva|exclusión dos himnos]]. O propio Calvino traduciu ao francés algúns Salmos para o seu uso na igrexa. A obra de [[Martiño Lutero]] [[Un castelo forte é o Noso Deus]] (A Mighty Fortress is Our God) baséase no Salmo 46. Entre outras versións dos himnos famosos do Salterio están o [[Psalterio métrico|Salterio escocés]] e a de [[Isaac Watts]]. O primeiro libro impreso en [[Norteamérica]] foi unha colección de Salmos, o [[Libro de Salmos da baía]] (Bay Psalm Book, [[1640]], chamado así por imprimirse na colonia inglesa da baía de Massachusetts).
 
Pero xa antes do século XX estaban, na súa inmensa maioría, sendo cambiados por himnos nas misas. Porén, os Salmos son populares para a devoción privada entre moitos protestantes; hai entre algúns círculos o costume de ler un Salmo e un capítulo dos [[Proverbio]]s cada día, correspondendo co día do mes.
 
=== Uso anglicano ===
O [[canto anglicano]] é un modo de cantar os Salmos que permanece parte da tradición coral anglicana. A versión do Salterio no [[Book of Common Prayer]](libro de oracións comúns) americano anterior á de 1979 é unha tradución máis antiga (algunhas veces chamada o Salterio de Coverdale) que aquela incluída no [[Biblia do Rei Xacobe]]. O libro americano de oracións comúns de 1979, aínda así, usa a nova e revisada versión estándar dos Salmos. O canto anglicano é un método de cantar versións en prosa dos Salmos. Con todo, A principios do século XVII, cando a Biblia do Rei Xacobe foi introducida, os apaños métricos de Thomas Sternhold e John Hopkins tamén foron populares e se proporcionaron coa melodía impresa. Esta versión e a outra de Tate e Brady feita a finais do século XVII (ver artigo sobre o [[Salterio métrico]]) permaneceu como a forma normal da congregación de cantar os Salmos na Igrexa de Inglaterra ata ben entrado o século XIX. Ata ese momento, os libros de oracións imprimíanse normalmente con unha ou outra versión con eles.
 
Na Grande Bretaña o libro común de oracións segue a ser de uso normal, xunto co Salterio de Coverdale. A súa preponderancia na vida eclesiástica diminuíu coa introdución do libro alternativo de servizo nos anos oitenta, que era unha alternativa permitida ao libro común de oracións. O libro alternativo de servizo foi retirado paulatinamente, agora, o Common Worship(Adoración común), permite para ambos os dous mais servizos tradicionais, usando os Salmos de Coverdale, e os servizos modernos que usan unha tradución nova feita expresamente para a Igrexa de Inglaterra.
 
=== Uso rastafari ===
Os Salmos son unha das partes máis populares da Biblia entre os seguidores do [[movemento rastafari]] [http://www.crosscurrents.org/murrell.htm]. O cantante rasta, o Príncipe Fari, gravou unha versión oral atmosférica dos Salmos, [[Psalms For I]], posto como telón de fondo do [[reggae de raíces]] dos Aggrovators.
 
=== Salmos musicalizados ===
* ''[[Old 100th]]''.
* ''[[Miserere (Allegri)|Miserere]]'' por [[Gregorio Allegri]].
* ''[[Miserere (Górecki)|Miserere]]'' por [[Henryk Górecki|Henryk Mikołaj Górecki]].
* ''[[Vespro della Beata Vergine 1610 (Monteverdi)|Vespro della Beata Vergine 1610]]'' por [[Monteverdi]].
* ''[[Sinfonía dos Salmos (Stravinsky)|Sinfonía dos Salmos]]'' por [[Igor Stravinskii]].
* ''[[Salmos de Chichester]]'' por [[Leonard Bernstein]].
* ''[[Teghilim (Reich)|Teghilim]]'' por [[Steve Reich]].
* Cancións de [[Redención]], Abrigo e Luz da Vida polos [[Fillos de Korah]].
* ''Beati quorum via'', por [[Charles Villiers Stanford]] (V. 1, Salmo 119, Latín).
 
== Curiosidades ==
* Algúns, sendo o máis importante David Basch no seu libro ''The Hidden Shakespeare'' (''O Shakespeare oculto''), afirman que o dramaturgo [[William Shakespeare]] estivo involucrado na tradución dos Salmos na [[Biblia do Rei Xacobe]], apuntando ao Salmo 46 como proba, onde, contando 46 palabras dende o comezo se atopa a verba "shake" e 46 dende o final cara atrás, "spear", formando "Shakespear(e)". Aínda máis, Shakespeare tiña 46 anos na época da tradución. A maioría dos expertos non aceptan estas afirmacións nin as probas aportadas. A Biblia de Xenebra e moitas outras traducións antes contiñan a mesma coincidencia, a pesar de que varias de elas se publicaran antes ou xusto despois do nacemento do autor.
* Na versión do Rei Xacobe, no [[Salmo 83:18]], está o único versículo nos Salmos no que o [[Tetragrammaton|nome de Deus]] é presentado como "[[Ieová]]". Á parte, no Salmo 68 Deus é chamado "Iá," forma abreviada de Ieová. Noutros casos nos que o nome de Deus se menciona, a Biblia do Rei Xacobe o presenta como "S<small>EÑOR</small>".
* A canción [["40" (canción)|"40"]], de [[U2]], está baseada nos tres primeiros versículos do Salmo 40.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
<references/>
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
| autor =
| título = A Biblia
| ano = 1989
| publicación = Santiago de Compostela: SEPT
| id = ISBN 84-7337-036-8
}}
* {{cita libro
| autor = SCHMIDT, Werner H.
| título = Introducción al Antiguo Testamento
| ano = 1983
| publicación = Salamanca: Sígueme
| id = ISBN 84-301-0916-1
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.chabad.org/article.asp?aid=15770 Teghilim - Salmos (Judaica Press)] tradución con comentarios de Rashi en Chabad.org
[http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PG6.HTM Os Salmos en castelán]
* [http://www.mechon-mamre.org/p/pt/pt2601.htm Hebreo con vogais e tradución JPS de 1917]- inclúe arquivos en [[MP3]] dos capítulos lidos en hebreo en mechon-mamre.org
 
* [http://www.biblegateway.com/passage/?search=psalms Libro dos Salmos- NIV] {{En}}.
{| border="1" width="75%" align="center"
* [http://www.shemayisrael.co.il/publicat/schwartz/a29.htm Teghilim - Salms] {{En}}.
|-----
* [http://librivox.org/biblia-sacra-vulgata-psalmi-xxii/ Gravación] do "Salmo 23" do Librivox {{La}}.
| width="30%" align="center" | '''Libro anterior:<br />'''[[Libro de Xob|Xob]]
* Gravacións de Salmos de métrica escocesa cantados na liturxia cristiá en [http://www.psalm-singing.org/ canto de Salmos en liña]
| width="40%" align="center" | '''Salmos'''<br /> ([[Libros sapienciais]]) <br />
* [http://www.spurgeon.org/treasury/treasury.htm O tesouro de David], por C.H. Spurgeon {{En}}.
| width="30%" align="center" | '''Libro seguinte:<br />'''[[Proverbios]]'''
* [http://chabanelpsalms.org Salmos na tradición católica], pola Polifónica Lalemant, versión en inglés en canto gregoriano.
|}
* [http://www.otgateway.com/psalms.htm Salmos no Portal do Antigo Testamento], con moitos artigos e análises dos Salmos
* [http://www.calvin.edu/worship/psalms Salmos bíblicos na liturxia cristiá, do Instituto Calvino de liturxia cristiá]
 
{{Libros da Biblia}}
15.309

edicións